jueves, 7 de febrero de 2013

Ata pronto Patri.

Xa é unha realidade, Patricia Romaní Vilela  , Muxía 1991, deixa o seu clube de formación a onde chegou como infantil  oito anos e medio despois  para aceptar o reto de xogar en División de Honra.
Última imaxe de Patri co Fisober, ¡Nesta etapa!




Aceptou a oferta do Viaxes Amarelle, e o clube non puxo ningún impedimento para concederlle a carta de liberdade e que poida xogar o máis alto nivel . A bo seguro que deixa un oco tanto no campo, como no corazón das súas compañeiras, adestradores e siareiros.

Que mellor que as palabras do presidente do Fisober , Fran Toba para despedila. pero este non é un adeus é un ata pronto no deportivo como ben sabe ela porque no personal sempre será unha Fisober máis :

" Hoxe despediuse de nos unha das nosas capitanas e fundadoras do Club Fisober, PATRI ROMANÍ VILELA vaise para División de Honor donde a bo seguro demostrara que ten calidad de sobra para despuntar nesa liga, esperemos que lle vaia ben, porque o que si sabemos é que aqui sempre terá a camiseta con nº 3 esperandoa, xa que como ben sabe o nº 3 e o nº 7 temos aínda un proxecto que acabar. "

Sorte jarbansiño.


A imaxe ca que se quixo despedir
Que mellor que darlle o ata pronto cuns videos onde Patri é protagonista :

Terceiro gol fronte a Mos.

A celebración do 3-3 fronte a Marcón.

O seu gol fronte a Marcón.

Lanzamento de falta de Patri.

Gol de Patri a Meigas.

Fisober a polo campeonato de España.

Fisober a pola Liga.

Video Fisober F.S.F. 2012 .


Aínda que moitos recordan o seu gol a Boqueixón, por aquela aínda non tiña blog.

MOITA SORTE PATRI !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario