Dentro duns días o Real Madrid entrará na semana que o pode
cambiar todo, e si meses atrás non o vía claro , ahora xa o vexo moi oscuro.
O Real Madrid está as portas dun abismo
tenebroso, porque tanto optimismo ?
Un abismo
tenebroso, xa que coa Liga perdida, e coa eliminatoria de Copa e a de Champions
cuns resultados non moi favorecedores o tema está moi complicado.
Complicado porque vexo o equipo moi mal en demasiados
aspectos. No físico xa non falemos, excepto Cristiano e Varane o resto do
equipo anda a anos luz do pico de forma do ano pasado.
Pero a gran
preocupación é que o equipo non da
confianza, esa seguridade que daba o ano pasado esfumouse. Desapareceu
froito dunha aparente guerra interna
no vestiario, dos xogadores vs Mou. Apretou tanto o equipo Mourinho para que xa
non confíen nel despois da excelente
Liga pasada, acomodáronse os xogadores. Pódese trocar tanto nun ano. A min dame a impresión de que é un
pouco de todo.
Si a iso lle
sumamos que a clave do Real Madrid era esa, unha presión e un esforzo físico
que acoraba o rival, cuns roubos preto do área rival daban unha vantaxe os
brancos case insuperable. Xa que logo, cun Real Madrid por diante no marcador
despois as súas contras prodixiosas arranxaban case tódolos partidos.
Ahí nacía o fútbol
do Real Madrid , pegada e vertixe.
Alonso e Marcelo son demasiado importantes na miña humilde opinión para
este equipo e por unha ou outra razón non están,quedan Cristiano e Ozil o
mando, e co Pipa e Karim “nalgún lugar
do universo” pois pouco máis queda que
dicir.
Que pasou para
que iso desaparecera, a pretempada non foi a correcta, os xogadores non se
están a comportar como auténticos profesionais, o método Mourinho é para
proxectos curtos……. Demasiadas dúbidas sen resposta e eu como un iluso que pensaba nun novo enfoque da preparación
física para chegar coma motos a estes meses e a realidade
é que estamos peor co ano pasado.
E todo pode empeorar, a eliminatoria de
Copa vai ser chave porque unha eliminación en Barcelona, moi factible e do máis
normal vendo como andamos, poñería toda a presión sobre a cita de Champions en
Manchester xa de por si peliaguda.
Unha cita que
vexo moito máis difícil aínda que a visita o Nou Camp. Esta peli vina moitas veces, o Real Madrid en Europa a domicilio fai moitos anos que non porta. Xa case non recordo
a última vez que pasamos unha eliminatoria despois dun resultado non moi
esperanzador na casa e con todo tipo de xogo e de partidos, sendo superiores o
rival no Bernabeu en moitos casos, lonxe
da Castellana todo cambia.
Pero si recordo
caer nos últimos anos a domicilio e incluso con resultados mellores. Lonxe do
Bernabeu o Real Madrid en Champions estase a arrugar con asiduidade así que
póñome no peor.
Golpean na miña
mente fracasos a domicilio dos últimos
anos fronte a Juve, Liverpool, Mónaco, Arsenal, Bayern, canto partido
lamentable no extranxeiro , de feito o mellor partido de volta que fixemos a domicilio debeu ser a
rara semifinal en Barcelona de fai dúas tempadas.
En Champions fora da casa todo é máis difícil e hai
múltiples circunstancias que poden empeorar o panorama, esperemos que non.
Soñar é bonito pero a realidade é outra.
En definitiva
vexo o Real Madrid o borde do precipicio,
pendendo dun fío. Ese fío que sería mortal, xa que dous meses co Real Madrid fora
de toda competición, e tal como anda o ambiente
polo Bernabeu con Mou e os xogadores ,
sería irrespirable e insoportable o fin
de tempada, iso si Futboleros, Punto Pelota, Marca, As, Mundo Deportivo,
Sport…. , poderían disfrutar da caída de Mou e quizais de algún que outro xogador
“sagrado” con el, que non pensen os xogadores que a cousa non iría con eles,
aquí todos son un pouco ou moito culpables
e os que padecen son os madridistas.
Alea iacta est, esperemos
evitar falar de momento do fracaso que sería iso, de pensar en novo adestrador
xa ou dunha limpa no vestiario, todo pende do abismo tenebroso.
P.d. : Malo si Florentino non lle da poder o adestrador, malo si Florentino lle da todo o poder o adestrador, malo se o adestrador ten man dura, malo se é blando..............., nunca estamos contentos nin nos nin a prensa.
Moralexa : Manda o Señor Resultado non o esquenzan si todo vai ben todo se tapa se non vai tan ben todo salta, no Madrid e no paraiso de alí arriba que todo chega.
Por certo o señor Jesé que mire para el algo tamén xa que as 2 veces que ia ir convocado co primeiro equipo vai e autoexpúlsase co Castilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario