SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : VALDETIRES – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”.
6-0.
VALDETIRES : Iria, Sheila, Andrea, Melissa, María ; tamén
xogaron : Erika, Uxía, Carol, Diana, María T. e Jessi.
FISOBER : Eva, Patri,
Ana, Barca e Myrella ; tamén xogaron : Noelia, Elsa, Inés e Ylenia.
ÁRBITROS : María Corrochano e Raquel Manteiga ; Crono : Jose
A. Fernández.
GOLES : 1-0 Uxía, 2-0 Sheila, 3-0 Carol, 4-0 Uxía ( descanso
) 5-0 Erika, 6-0 Jessi.
A tarde do sábado
non foi a do Fisober, xa que caeu derrotado fronte o novo líder da categoría,
ademais perdeu a domicilio case catro meses despois. Un partido que se rachou
mediada a primeira metade cando chegaron os goles locais.
E arranque do
partido non presaxiaba o final do mesmo, xa que os primeiros minutos foron de
tanteo sen un dominador claro do encontro.
Co paso dos
minutos o Valdetires consciente da importancia do partido foise facendo co peso
do partido pero sen poñer en excesivos apuros a meta visitante Eva. Tampouco
chegaba con claridade o Fisober a portería que defendía Iria. O Fisober parecía
ter controlado en defensa o partido.
Pero todo mudou
cando un lanzamento cruzado de Uxía se colaba os nove minutos na portería
visitante. Incapaces de asimilar o golpe as do Fisober tardaron solo dous
minutos en recibir un novo gol, desta vez a cargo de Sheila.
Con puntualidade
Suiza dous minutos despois caeu un novo
gol das locais desta vez foi Carol a finalizadora. As visitantes que tan bos
minutos fixeran ata ese momento caían no desánimo e fóronse do partido.
E claro seguindo
a serie de novo dous minutos despois outro gol de novo de Uxía. Así quedaba a
serie de goles nos minutos 9,11,13 e 15 moi
matemáticos.
Os últimos
minutos foron un suplicio para as visitantes, que conseguiron chegar con ese
resultado o tempo de lecer, gracias o bo facer da porteira Eva.
O Fisober
conxurouse para tentar mostrar a imaxe dos primeiros dez minutos. E conseguiuno
xa que voltou a sentirse cómodo en defensa, sen pasar excesivos agobios e
tentando saír a contra para reducir distanzas, pero tanto a local Iria moi
atenta nas poucas chegadas do Fisober como a visitante Eva con máis traballo
lograban que o electrónico non se movera.
Así foi ata que
unha falta na frontal foi transformada por
Erika a catro para o fin e nese mesmo minuto foi Jessi as que fixeron os últimos goles para o seis a cero definitivo.
Rematando así un
extrano partido nunha mala tarde para o
Fisober . De feito si mal non recorda un servidor dende Outubro do 2010 na visita a Bembrive na que era a segunda xornada do ano de debut en Autonómica non quedara sen marcar o Fisober.
No hay comentarios:
Publicar un comentario