SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – STILO BERRIO .
4-2
FISOBER : Eva, Ana, Noelia, Barca e Myrella ;
tamén xogaron : Elsa, Ylenia e Inés.
STILO BERRIO :
Tati, Eukene, Sara, Mallo e Garazi ; tamén xogaron : Eztizen, Marta e Debo.
ÁRBITROS : Jose
Ángel Vilas e Esteban Otero . Crono : Emilio Losada.
GOLES : 0-1 Sara,
1-1 Ana, 2-1 Noelia, 2-2 Ana en
propia porta, (descanso ) 3-2 Barca, 4-2
Noelia.
Un excelente partido do Fisober baseado no bloque, no
traballo colectivo e nunha actitude encomiable
fixo que as rapazas da Costa acadaran a súa primeira vitoria como locais
en Segunda División a pesar de todas as dificultades cas que encaraban a cita. E
tivo que ser de branco ( desta vez trocouse o habitual negro por este color ) e axudadas por unha grada entregada.
Saíron as locais
metidas no partido dende o primeiro segundo sabedoras da importancia do mesmo.
O cal fixo que os primeiros minutos marcaran a tendencia do que se viviu o resto do encontro, un partido intenso e
vibrante moi do gusto do público asistente.
Non ía a ser
fácil o choque,e demostrouse cando os
cinco minutos os árbitros sinalaban penalti a prol das xogadoras vascas o cal
se encargou de transformar Sara, poñendo maior dificultade o reto si cabe.
Pouco tardou en
igualar o Fisober e foi despois de que Myrella cedera un balón para Ana que
facía o gol do empate e o seu primeiro en Segunda División.
O partido non
defraudaba o máis dun centenar de persoas que se acercaran o Municipal de Vimianzo.
Os dous equipos estaban a deixar todo na
pista.
Así foi como a
visitante Eztizen se atopou ca porteira local Eva que evitou que as bilbaínas
se volveran a poñer por diante.
As locais tomaron
vantaxe no electrónico os nove minutos cando
Noelia en xogada individual se desfacía dunha rival i encarando a porteira
fusilaba para o dous a un. E a piques estivo de aumentar a distancia no
marcador a cadete Inés pouco despois .
As alternativas
dentro do partido eran constantes e non había respiro dentro do rectángulo de
xogo. A cita voltouse a igualar os doce minutos cando un disparo cruzado das
visitantes era desviado por Ana colándose na portería de Eva.
O Fisober lonxe
de virse abaixo sacou forzas e gozou duns bos minutos de xogo. Con grandes
ocasións para Ana , Inés e de novo para a capitana Ana.
Nos últimos catro
minutos da primeira metade o Fisober acusou un pouco o esforzo. Así a goleadora
visitante Sara tivo unha moi boa ocasión
pero non foi quen de superar a Eva. Tamén gozaron as vascas da posibilidade dun libre indirecto por unha
cesión que tampouco aproveitaron.
Ca igualada a
dous do marcador chegouse o tempo de lecer.
O arranque de
segunda metade do Fisober foi moi intenso o igual que na primeira metade e xa
no primeiro minuto Myrella aproveitou a saída da porteira visitante para
rexeitar un balón o que deixou a portería desguarnecida, lanzou dende case o
medio campo e Barca solo tivo que empurrala de cabeza para poñer de novo en
vantaxe as súas.
As locais
aproveitaron a circunstancia para dar máis campo as vascas e tentar saír a
contra. O dominio de balón visitante era contestado polo excelente traballo
defensivo do Fisober.
As perdas de
balón das bilbaínas propiciaban perigosas contras das da Costa, e así Barca a
trece para o fin tivo a opción de poñer un marcador máis cómodo.
O público seguía
a disfrutar vibrante encontro, no que os dous equipos deixaban ata a última
gota de sudor. De novo Barca puido sentenciar o partido a seis para o fin pero non foi quen.
As visitantes non
se rendían na busca do gol da igualada e a tres para o fin foi Eva cunha dobre
intervención a que o evitou.
Todo mudou definitivamente
cando a un minuto e cincuenta e oito segundos para o fin Noelia caendo cruzaba
o balón para facer o catro a dous e acercar as da Costa a primeira vitoria como
locais.
O Stilo decidiu
entón sacar a porteira-xogadora pero o Fisober
adaptouse ben a situación e conseguiu por fin rachar o maleficio como
local nesta tempada, podendo finalmente celebrar unha vitoria cos seus siareiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario