martes, 2 de octubre de 2012

Laso Team ! Ano 2 .


Hoxe toca falar un pouco do Real Madrid NBA e do plantel que configuraron para este ano entre Laso e os homes das oficinas. Pasouse dun equipo basado en interiores a un basado en exteriores.



Parece que o posto de base está ben cuberto, este ano temos tres en principio de garantías. O Chacho finalmente espertou ? despois do excelente final de tempada pasada é outro, está cheo de confianza e sálelle case todo, estame sorprendendo gratamente sobre todo a min tan crítico con el, pero a veces xa se pasa de “guai” e tampouco é así, pero con tanta competencia terá que poñerse as pilas sobre todo en defensa seu gran problema.

De Llull pouco temos que falar  intensidade defensiva e agresividade en ataque, non é un base puro pero axuda e moito, seu gran problema é que non elixe ben a última posesión.

De Draper pouco vin, parece que se fichou para xogar en estático algo do que careciamos o ano pasado, esperemos que funcione. Non me disgustou no partido co Unicaja, pero os informes que teño del non son moi bos.

Para o posto de aleiro temos múltiples inquilinos. Ademais da posibilidade dos dous bases moi utilizada por Laso nos últimos tempos. Como Carroll teña o día xa poden rezar os contrarios, outro do que tiña medo que non funcionara en Madrid pero tapoume a boca o seu gran problema é cando o fan defender no poste baixo.


Despois temos a Rudy outro do que pouco temos que falar , dalle o salto de calidade o equipo, un superclase en ataque, defensa e mentalidade.

Marty Pocius, un home do que esperaba máis, moi agresivo en ataque e defensa pero moi errático, pero supoño que axudará no plantel. Ademais xunto con Rudy terán que xogar moitos minutos no posto de 3 o gran problema do equipo. A marcha de Kyle Singler para min é insustituible, un xogador enorme para un servidor aínda que foi moi criticado, con el seríamos favoritos a todo. Xogadores coma el non hai en Europa.

O Chimpa Suárez, un xogador en claro retroceso, empezou xenial con Messina pero cada día é un pouco menos, non sei que lle pasa pero preocupa e sobre todo porque xoga no posto peor cuberto polo equipo.

Nos pivots chegou o gran cambio. Sigue Felipe cumplidor como sempre, parece que aceptou o seu novo rol a perfección. Niko Mirotic deu a impresión de sentirse importante, traballou moito no verán para mellorar e parece que o fixo, impresionante comenzo de tempada.

Slaughter parece que chegou como sustituto de Velickovic , outro tipo de xogo , o clube buscaba a bo prezo un mini-Ibaka e ese é o papel de Markus, xogo por encima do aro, velocidade e intimidación. Non o fixo mal nos partidos que lle vin. As lesións foron un pesadelo para Nole do que todos esperábamos máis continuidade e que nos quedou o pesar de que non triunfara.


Begic, pouco das e menos levas con moi pouco traballo físico, quedouse basicamente polo soldo cobra menos da metade de Ante Tomic, un xogador de tanta calidade como pouca sangue esperemos que siga así por Barcelona que senón temblaremos. Parece que o seu posto axudará a ocupalo Rafa Heittsheimeir un xogador que se as lesións non o martirizan pode axudar moito o tipo de xogo de Laso, pero non será o pivot diferencial que necesitábamos, o presuposto manda.

En definitiva como nos funcione a velocidade e o xogo exterior somos imparables, o que queda por ver é como andamos en defensa, cando nos obriguen a xogar en estático con defensas duras das que se ven por Europa e nos cheguen os pivots “comehomes”. Jawai fixo dano na Supercopa pero tanto el como Tomic víronse  superados por Sinanovic o domingo amosando que ningún dos dous é forte en defensa.

En España debemos aspirar a todo o Barsa tivo que cambiar plantel e parece que caeu un pouco. Queda tocado  cas lesións de Navarro, os cupos, a edade  dos xogadores clave e a xuventude que chegou  é  un equipo con moita menos defensa parece aínda que máis calidade en ataque. Un equipo máis basado nos interiores Jawai, Tomic xunto con Lorbek e Wallace. Aínda que perdeu a intensidade e intimidación de Ndong e F. Vázquez. A crise afectou o resto, que non poden contar das fortes axudas institucionais que tiñan antes  a ver como funcionan Laboral, Valencia, Bilbao e un ollo a Unicaja que non me disgusta.


En Europa non sei como está o tema cando empece a Euroliga si alguén a televisa e podo ver os partido xa que ahora serán xoves-venres, e venres non é o mellor día xa falarei, eso si a Euroliga este ano son máis partidos e a profundidade de plantel vai ser clave. Neses partidos veremos o verdadeiro nivel do Real Madrid, aínda que na Supercopa deixaron boas sensacións.

Teño esperanzas de que por fin gañemos a Liga algo que non debeu escapársenos o ano pasado. Este ano as obrigacións e esixencias son moito maiores para o Laso-team, esperemos que respondan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario