lunes, 22 de octubre de 2012

Fisober B - Fame Negra. 2-1.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” – FAME NEGRA.2-1.

FISOBER B : Martina, Iria, Inés, María e Laura ; tamén xogaron : Natalia, Cris, Noe e María Maroñas.




FAME NEGRA : Diana, Antía, María Elvira, Jessica e Alba ; tamén xogaron : Leticia e Olalla.

ÁRBITRO : Vicky Mosquera . Crono : Irene Lojo.

GOLES : 1-0 Natalia , 2-0 Inés ; ( descanso ) 2-1 Jessica .

Arrancou a tempada para o filial do Fisober este sábado en Vimianzo  e fixo cunha vitoria. As rapazas do Fisober B saíron cunha motivación extra a pista que era brindarlle o triunfo a súa compañeira Tamara que tivo que pasar por quirófano esta semana e conseguírono.

Saíron un pouco nerviosas as xogadoras do filial pero con ganas de comezar ben a tempada e mellorar con respecto a pasada.

Así o dominio na primeira metade foi delas , guiadas pola boa actuación da súa capitana  María.


Unha primeira metade na que xogaron con moito orde, non pasaron excesivo perigo. Os goles foron obra de Natalia mediado este tempo despois dun envío en longo de Martina.

E a falta de seis minutos de novo un envío en longo de Martina foi desta vez aproveitado por Inés. Aínda así erraron varios mans a mans para ter un partido máis prácido.

Dende este minuto e ata o tempo de lecer o Fame Negra xogou con ataque de cinco pero non creou perigo sobre a portería local , chegándose o intermedio con ese resultado.

A segunda metade xa foi outra historia, as visitantes vendo que non funcionara o ataque de cinco voltaron o debuxo orixinal. As cousas complicáronse sobre todo dende que os catro minutos Jessica aproveitaba unha falta para poñer o partido nun suspiro co gol visitante.


As locais entráronlle os nervios e non conseguiron trenzar xogadas como na primeira metade. Aínda que as visitantes solo creaban perigo a balón parado o filial do Fisober tampouco poñía en apuros o Fame Negra.

De feito solo podemos destacar un lanzamento o pau da capitana María. As locais xogaron os últimos minutos ca lousa das cinco faltas o que lle puxo maior tensión o partido se cabe.

Os últimos minutos erros incomprensibles do filial do Fisober apiques lles custan un problema grave pero finalmente conseguiron deixar os tres puntos en Vimianzo.

Destacar a volta as pistas da cadete de primeiro ano  Noe despois dun ano sen poder xogar. Ademáis de Tamara tamén foi baixa para este partido Mónica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario