domingo, 7 de octubre de 2012

Fisober - Valdetires. 1-5.


SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL FEMENINA

RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO “ – VALDETIRES  : 1-5.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana, Barca ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia, Myrella, Olalla, Eva, Elsa.



VALDETIRES : Iria, Sheila, Erika, Tere  e María  ; tamén xogaron : Uxía, Andrea, Carol, Diana e Jessi.

ÁRBITROS : Esteban Otero e Xoel Castro . Crono : Alicia Castro.

GOLES : 0-1 Sheila ( descanso ) 1-1 Nuria, 1-2 Sheila, 1-3 Erika, 1-4 Sheila e 1-5 Andrea.

O Fisober non podía ter un debut normal na Segunda División e por iso viviu un con cambio de escenario no tempo de lecer debido a humidade no pavillón de Vimianzo o que supuxo que a segunda se xogara no de Baiñas. A pesares do resultado moi bo partido das locais cun resultado algo inxusto, como ben aclara  o twitter oficial do Valdetires que definío o partido como “victoria sufrida “.

O partido arrancou trepidante cun lanzamento lonxano de Tere  que se estrelou no pau. O Fisober non quixo ser menos e tivo dúas ocasións case consecutivas por medio de Patri e Barca.


Os primeiros minutos seguían sendo vibrantes para o numeroso público presente en Vimianzo máis  de 200 persoas. Así era a visitante Erika a que se topaba con Paula.

O Fisober non lle perdía a cara o partido ante un equipo curtido xa en mil batallas. Co paso dos minutos as ocasións foron sendo cada vez menos. Os dous equipos xa tomaban máis reparo en cada acción.

O problema foi tamén que minuto a minuto  a condensación e a humidade do ambiente empezaba a facerse patente na pista e os últimos minutos as xogadoras comenzaban a resbalar sobre a mesma.

No minuto catorce Patri encaraba a porteira visitante pero non era quen de superala ca súa vaselina. E no quince era a visitante Uxía a que enviaba o longueiro.


Cando quedaban catro para o fin o Fisober gozaba dun libre indirecto que Nuria non aproveitaba.

A falta de dous minutos os problemas de estabilidade xa eran maiores e os árbitros decidiron despois de falar cos equipos,  rematar a primeira metade e tomar unha decisión definitiva o descanso.

Así a un minuto do fin un resbalón inoportuno foi o preludio  do 0-1 visitante por medio de Sheila.

Chegouse o tempo de lecer e reunidos os dous equipos e ante os problemas para continuar en Vimianzo e para evitar o aprazamento definitivo cos problemas que conlevaría,  o Fisober ofrece a posibilidade de continuala en Baiñas accedendo os dous equipos e os colexiados.


Desprazamento dos equipos, colexiados e boa parte do público a Baiñas, un centenar ou máis seguiron o equipo. Despois de recolocarse un novo quencemento case unha hora despois de rematar a primeira , arrancou a segunda metade nun pavillón diferente. Pero cunha afección máis entregada si cabe despois do esforzo realizado.

E lanzouse o Fisober na remonta do resultado, nun pavillón que coñece de adestrar cando non pode en Vimianzo. Xa no primeiro minuto Nuria dispuña dunha ocasión.

No minuto tres a propia Nuria lanzaba e o seu tiro tocaba nunha rival para igualar o partido ante o delirio do animoso público.


Foron moi bos minutos para o Fisober ante un Valdetires que parecía descolocado ante o novo escenario. Apretaban as locais pero non foron quen de facer o segundo e poñerse en vantaxe.

Chegaron dous  fatídicos minutos para o Fisober que deron o traste co seu bo partido, primeiro no  minuto 27 cando unha combinación visitante rematou co segundo gol de Sheila.

Aínda así a piques estivo de igualar novamente o partido Ana pero non foi quen.  E despois dous goles no minuto 28 foron definitivos primeiro foi Erika e despois de novo Sheila as que puxeron unha lousa sobre as locais.


Máis aínda cando Andrea facíase co rexeite dunha falta para o un a cinco definitivo.

Nos últimos minutos foron Olalla e Noelia as que tiveron oportunidades para reducir distancia pero non puido ser.

En definitiva moi boa imaxe a ofrecida polo Fisober no seu debut en Segunda División nun partido no que dous minutos condenaron a un equipo que levaba dende o 26 de  Febreiro de 2011 sen perder na casa cando o fixeran fronte o xa desaparecido Cios Vigo na súa tempada de debut en Liga Autonómica.

Para facelo tivo que ser un raro sábado no que tiveron que xogar  en dous pavillóns. Tamén curioso que repetiron o resultado co que no seu día debutaron en Autonómica 1 a 5 daquela contra o equipo coruñés do Riazor.


Pero para meritorio o da súa afección que se desprazou en masa no tempo de lecer para vivir a segunda metade noutro pavillón distinto.

Para a Historia do Fisober quedará Nuria como a primeira goleadora en Segunda División.

Gardouse un respetuoso minuto  de silencio o inicio do partido polo recente falecemento da xogadora do Diamante Rioja a xoven Bárbara Blanco.

CRÓNICA DENDE FERROL.

No hay comentarios:

Publicar un comentario