domingo, 28 de octubre de 2012

Esteirana - Fisober B. 6-0.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : ESTEIRANA – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO “. 6-0.

ESTEIRANA : Maruxa, Inés, Terre, Alicia, Sandra ; tamén xogaron : Merche, María e Leticia.

FISOBER B : Martina, Iria, María, Inés e Laura ; tamén xogaron : Cris, Noe F. , Natalia, María Maroñas e Mónica.



Árbitro : Emilio Losada ; Crono : Rubén García.

GOLES : Alicia con 3 goles, Sandra 2 goles e Leticia 1 gol, todos entre o 15 e o fin da primeira metade.


O filial do Fisober aguantou quince minutos sin recibir nin un gol  cunha boa defensa e despois ata o tempo de lecer perderon o rumbo e o sitio  tirarando  co partido, recibindo 6 goles consecutivos no derbi.

Pouco se pode falar do encontro o dominio foi das locais pero as do filial do Fisober non pasaban excesivos problemas ben colocadas atrás e tentando saír aínda que non o lograban con excesivo perigo  a contra.


Todo mudou os quince minutos cando caía o primeiro gol a favor das locais. O equipo visitante entrou en zozobra e non sabía onde se atopaba, catro goles casi consecutivos obrigaron as visitantes a pedir tempo morto.

E a volta do tempo morto lonxe de mellorar caeron nos mesmos erros, saque de centro e case a continuación gol. Co 6 a 0 final se chegou o tempo de lecer.


Na segunda parte pouco que contar, o filial do Fisober voltou a estar entonado en defensa e non encaixou ningún gol máis e as locais tentárono pero  non conseguiron aumentar a renda.

Como dato curioso destacar que este resultado, se produciu nos tres últimos  derbis entre os dous equipos un 6 a 0 a favor do Esteirana. Deuse a tempada pasada tanto no partido como locais e tamén como visitantes.

 As fotografías son dun amistoso previo o comenzo da Liga, entre estes mesmos equipos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario