domingo, 28 de octubre de 2012

Fisober - Tecuni Bilbo. 3-7.


SEGUNDA DIVISIÓN

RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO “ – TECUNI BILBO. 3-7.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana, Barca ; tamén xogaron : Noelia, Elsa, Olalla, Ylenia e Eva.



TECUNI BILBO : Jou, Laura, Isa, Esti e Aroa ; tamén xogaron : Almu, Di, Vicky, Altea, Saioa e Eva.

ÁRBITROS : María Corrochano e Jesús Montero ; Crono : Berta García.

GOLES : 0-1 Esti ; 0-2 Aroa, 0-3 Vicky, 1-3 Barca , ( descanso ) , 1-4 Esti, 1-5 Vicky, 2-5 Elsa, 2-6 Aroa, 2-7 Aroa, 3-7 Patri.

O Tecuni Bilbo chegaba a Vimianzo ca obrigación de ganar senón quería deixar escapar as súas opcións de título na xornada 3 e así o fixo, amosando as  credenciais do grandísimo equipo que é  .

As bilbaínas saíron a por todas cunha presión asfixiante e a busca das locais. Así xa os tres minutos era Esti a que tiña a primeira ocasión.


Pero si o Fisober conseguía combinar e saír da presión tamén creaba perigo e así foi os catro minutos por medio de Nuria. Pero nese mesmo minuto Esti non desaproveitou unha contra para poñer o primeiro gol visitante.

Por terceira xornada consecutiva tocáballe remar as da Costa, os minutos pasaban sen ocasións destacadas para ningún dos dous equipos.

Mediada a primeira metade tomaron de novo o mando as visitantes, primeiro Di mandaba o pau , e despois tiña que ser a porteira local Paula a que desfixera cas súas intervencións dúas ocasións clarísimas visitantes.


Todo estivo a piques de cambiar os trece minutos cando Ylenia tivo preto o gol.

 E claro as do Tecuni non facían moitas concesións e primeiro Aroa nunha triangulación os catorce minutos e un minuto despois Vicky poñían un duro cero a tres, e casi Di fai o cuarto.

Nestes últimos minutos melloraron algo as locais ,tiraron de casta e Patri case consigue reducir diferenzas. 

Quen si o logrou foi Barca a vinte segundos do tempo de lecer  despois dunha gran combinación de todo o equipo para poñer o 1 a 3 e abrir un raio de esperanza.


Algo  que se truncou a saída de vestiarios cando un erro defensivo supuxo o cuarto gol visitante por medio de Esti. Tentou respostar a seguinte Nuria pero non logrou o seu obxectivo.

Foron pasando os minutos sen un dominador claro, ocasións nos dous lados desbaratadas polas porteiras, eso si os minutos corrían a favor das visitantes e máis cando os oito minutos desta segunda metade  de novo un erro e a mala sorte que acompaña o Fisober en todos os rexeites esta tempada provocaba que Vicky fixera o quinto.


Despois deste gol chegaron de novo uns bos minutos locais, con ocasións claras para Noelia e tamén para Elsa. Unha Elsa que conseguía marcar no minuto trece.

Pero cada vez que se acercaban as locais resposta inmediata visitante e nos minutos dezaseis e dezasete Aroa marcaba dous novos goles.

Os últimos minutos o Fisober tentou facer algún gol máis con Patri como estilete, unha Patri que marcou un gol e tivo dúas magníficas ocasións nos minutos finais.


Como notas positivas para o Fisober  do encontro destacamos a volta en partido oficial despois de seis meses e medio  lesionada de Elsa que ademais o fixo co seu primeiro gol en Segunda División, outra que tamén fixo o seu primeiro gol en Segunda foi Patri.

Visión dende Bilbao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario