domingo, 21 de octubre de 2012

Stilo - Fisober . 7-5


SEGUNDA DIVISIÓN

RESULTADO : STILO BERRIO – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” : 7-5.

STILO BERRIO : Tatiana, Eztizen , Laura, Aiiziber e Sara ; tamén xogaron : Giouri, Eukene, Alaitz, Enara, Debora e Marta.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla e Eva.



Árbitros : Valeriano Calleja e Francisco J. Muñiz. Crono : Tania Santos.

GOLES : 1-0 Sara , 1-1 Barca , 1-2 Noelia, 1-3 Noelia , 2-3 Sara, 3-3 Sara, 3-4 Nuria (descanso ) 4-4 Eztizen, 5-4 Enara, 6-4 Eztizen, 7-4 Laura,7-5 Barca.

De novo “dous minutiños” malos privaron o Fisober de traer algo positivo do seu primeiro partido oficial fora de Galicia. Foron dous malos minutos o comezo da segunda metade no que recibiron tres goles  os que decidiron un partido  tolo en Bilbao, ante un equipo local  moi físico.

Non podían comezar peor as cousas xa que os dous minutos se adiantaban as locais con gol de Sara. 


Tratou de respostar o Fisober pero Barca non conectou co calcaño un disparo de Nuria con todo o seu favor.

As locais facían perigo de calquera perda de balón e así os seis minutos Paula tivo que salvar unha contra de dous xogadoras vascas  contra ela.

Pero o Fisober pareceu coller o tono do partido os sete minutos cando Barca igualaba. E nese mesmo minuto apiques estivo de marcar tamén Patri. As bilbaínas tamén tiveron a súa opción nese mesmo minuto.


O Fisober púxose en vantaxe cando os oito minutos Noelia marcaba gol no primeiro balón que tocaba . 

Eran os mellores minutos das da Costa , Nuria case amplía vantaxe e os nove minutos despois dun lanzamento o longueiro de Barca e dunha carambola foi Noelia a que puña o terceiro gol visitante.

As locais deron un paso adiante e Sara facía o segundo gol os doce minutos. E no dezaseis era Eukene a que mandaba o longueiro. E claro de tanto roldar o gol pois chegou de novo por medio de Sara para empatar o partido a tres minutos do tempo de lecer.


Aínda así o Fisober foise en vantaxe o intermedio despois de que Nuria marcara o cuarto para as visitantes a segundos para o fin.

O tempo de lecer foi prexudicial para as da Costa, os tres minutos Eztizen empataba de novo. E na seguinte casi consigue o quinto pero atopouse con Eva despois dun rexeite dun lanzamento de Aiiziber o longueiro. 

Eran os “dous minutiños “ malos do Fisober, e así os cinco minutos Enara poñía en vantaxe as vascas e nese mesmo minuto Eztizen facía o sexto obrigando as visitantes a pedir tempo morto para parar a sangría.


Minutos de transición sin apenas ocasións ata que Laura facía o sétimo cunha excelsa vaselina sobre Eva  a falta de sete minutos.

 Parecía todo perdido pero apareceu a raza do Fisober para tentar o imposible. A falla de seis Barca facía o 7 a 5 que permitía crer. E nese mesmo minuto a mesma Barca de novo erraba co calcaño.

Con tres para o fin Eva facía unha parada que permitía as súas seguir no partido. E a falta de dous Nuria tivo a opción para o sexto con todo o seu favor non foi quen  de logralo nunha xogada na que as visitantes pediron gol pantasma e penalti, gol non foi e penalti quizáis, ante unhas xogadoras locais que se lanzaron para evitar o gol.


Nos últimos segundos un remate co calcaño de Myrella foi salvado por unha xogadora local baixo paus.

En definitiva segunda derrota do Fisober na tempada despois dunha longa viaxe a Bilbao, nun partido que finalmente si xogou Nuria e no que foi baixa Elsa. E que trouxo dous novos nomes que se estrearon como goleadoras en Segunda, os de Barca e Noelia que o fixeron por partida dobre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario