lunes, 29 de octubre de 2012

Muxía - Ameixenda . 2-1.


MUXÍA : Ángel Luís, Peski, Luís Romaní, Cabejo, Currás, Pataca, Julián ( minuto 46 Adrián Alcaina ), Albertiño, Dimás ( minuto 86 José Manuel ), Adrián Negro, Juan Prado ( minuto 59 Casais ).



AMEIXENDA :Óscar Riolo, Álvaro, Demetrio, Alex, Bichiño, Mito (Grille, min.65), Borja, Jorge, David (Mateo, min.46), Ramiro, Javichu.

GOLES : 1-0 minuto 29 Albertiño ,( descanso ), 2-0 minuto 47 Juan Prado , 2-1 minuto 49 Borja.

O deste domingo foi o partido máis solvente do Muxía en toda a tempada na Arliña, moi serio en todas as liñas apenas pasou agobios e foi contundente nas poucas  ocasións claras  das que gozou.

Sigue a praga de baixas no equipo dirixido por Papi, podemos sinalar así a bote pronto para este partido as de David, Santi Papi, Carrera, Javi, Martinciño, Iván Lagoa, non sei si nos deixamos algún no tinteiro.  Eso si volvían a xogar na Arliña o porteiro Ángel Luís e Cabejo, ademais do veterano ( home para todo ) Luís Romaní que cambiou a portería polo lateral dereito onde fixo un impresionante partido.



Cambio de sistema nos locais, defensa de cinco que foi todo un éxito e deu outro empaque o equipo  xa que o Ameixenda so creou perigo na xogada do gol o resto foi arranxado con solvencia polos da Vila da Barca.

No partido en si a primeira ocasión foi un lanzamento de falta do local Pataca os dous minutos  que enviou Óscar a saque de esquina cunha gran intervención.

Pouco despois Juan Prado non se entendeu con Albertiño no que podía ser o primeiro gol local.


No minuto nove un lanzamento de falta lonxano  de Pataca  era convertido en gol sin que  Dimas o tocara ,aínda que o pareceu, pero o árbitro anulouno por suposto fora de xogo, non  foi fora de xogo  tocara  ou non tocara Dimas xa que entraron correctamente dende atrás ( o mesmo Dimas nos confirmou que non tocou o balón ). Por certo o colexiado deste partido  foi un dos máis famosos da Costa  veciño dos visitantes e que xa armou máis de unha co Muxía como protagonista, aínda que non tivo un mal día e non influiu no resultado, pensamos.

O partido seguiu polo mesmo camiño , dominio do Muxía que non pasaba ningún  perigo pero non creaba excesivos problemas a meta defendida por Óscar.

Ata que os vinte nove minutos un lanzamento longo do porteiro Ángel Luís era peiteado por Dimas para deixar solo a Albertiño, os visitantes reclamaron fora de xogo, e facer o primeiro gol local.


Dende aquí o Muxía sentiuse cómodo e controlou o partido aínda máis o seu antollo, chegándose con ese resultado o tempo de lecer.

A saída de vestiarios foi eléctrica no minuto corenta e sete Juan Prado aproveitaba un erro defensivo dos visitantes para poñer o segundo gol local e facer o seu primeiro gol ca camiseta vermella.

Pero pouco lle durou a ledicia os locais xa que un balón morto no borde do área despois dun saque de esquina foi aproveitado por Borja para facer o gol visitante, un Borja que xogara nos xuvenís do Muxía o ano que chegaron a semifinais de Copa sendo compañeiro da maioría  do xoven  grupo que forma a actual plantilla vermella.


Esa foi a única ocasión con perigo que os visitantes apareceron pola portería dun  moi seguro Ángel Luís, que xunto ca súa defensa pasaron e fixeron pasar unha tarde prácida os afeccionados locais solo ca intranquilidade do curto do resultado.

O Muxía seguiu facendo o seu xogo ben colocadiño deixando pasar os minutos. En ataque tampouco apareceu moito e solo unha falta lanzada de novo por Pataca fixo que Óscar mandara a saque de esquina con certo perigo.

O tempo  correu a favor dos locais ata que o colexiado asubiou o final. Quizais foi a tarde que menos apareceu en ataque o Muxía pero nunca tan poucos agobios defensivos pasou contra un rival que chegaba como a revelación da tempada.


Conseguirá o Muxía a próxima semana fronte o Nantón nas Fontiñas por fin encadear dous resultados positivos ?

Agradecementos a Ubaldo QPC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario