domingo, 30 de septiembre de 2012

Muxía-Lira. 3-4.


MUXÍA : Luís Romaní, Peski, Martinciño, José Manuel ( minuto 70 Castreje ), Currás, Julián, Adrián Alcaina, Santi Papi, Albertiño, Casais ( minuto 53 Juan Prado ) e Adrián Negro.



LIRA :Garrido, Xabi (Saúl, min.60), Herminio, Pelexo, Fran Chancho, Cristian da Portuguesa, Manolo de Abelleira (Uxío, min.72), Suso Patachín, Miguel, Suso Perico (Óliver, min,79), Germán.

GOLES : 1-0 minuto 17 Casais, 1-1 minuto 25 Suso Perico, 2-1 minuto 38 Albertiño, ( descanso ), 2-2 minuto 55 entre Germán e o Peski en p.p., 3-2 minuto 63 Adrián Negro, 3-3 minuto 78 Suso Perico, 3-4 minuto 83 Suso Perico de penalti.

A falla de puntería, os erros defensivos, os erros arbitrais e as baixas ( Dimas, Cabejo, Iván Lagoa, Pataca, David, Javi… ) xuntáronse para que o Muxía perdera por terceira vez nesta tempada pola mínima, curioso o tema que nos tres partidos sinaláronlle un penalti en contra moi polémico o que ten moi descontentos os da Vila da Barca.

Moi boa tarde en Muxía  o que fixo congregar a máis dun centenar de siareiros no Municipal da Arliña.


Arrancou co vento a favor para os locais e así os dez minutos Adrián Negro de forte lanzamento dende fora do área mandaba o balón o pau. Pouco despois eran os visitantes os que se quedaban solos ante un Luís Romaní que desbarataba a ocasión.

O turno de réplica foi para o Muxía e para Albertiño, moi activo perante todo o partido, primeiro precipitábase solo ante o porteiro e logo un lanzamento lateral de falta seu era enviado a saque de esquina polo porteiro visitante.

E así os dezasete minutos Casais pescaba un balón morto no área para adiantar os seus e facer o seu primeiro gol ca camiseta do Muxía. E solo un minuto despois desperdiciaba de cabeza unha ocasión inmellorable para facer o segundo.


Pero os 25 minutos un balón a banda dereita na que arrancaba en clarísimo fora de xogo un xogador do Lira, a nosa posición era ideal, permitiu encarar o visitante e ante o desacerto  defensivo  local igualar o partido.

O Muxía seguiu o seu e así Casais gozaba doutra gran oportunidade pero enchíase de balón e disparaba demasiado forte.

Así os 38 minutos Albertiño loitaba un balón e conseguiuno levar  a trancas e barrancas , ante a pasividade desta vez defensiva visitante para poñer de novo en vantaxe o Muxía.


E de novo o Lira tiña a ocasión de empatar na xogada seguinte pero novamente Luís Romaní o evitaba, chegándose así o tempo de lecer.

Na volta dos vestiarios Adrián Negro non foi quen de facer o terceiro gol local e así os visitantes no minuto 55 empataban por segunda vez  o partido despois dun centro que se envenenou. E case na xogada seguinte se poñen por diante cando de cabeza e con todo a favor erraron.

Tocáballe nadar o Muxía e foi unha xogada por banda dereita de Albertiño quen deixou para que Adrián Negro se adiantara a defensa e puxera en vantaxe o Muxía por terceira vez no partido.


Pouco despois nun saque de esquina un xogador do Lira tocaba o balón cas mans dentro do área pero o árbitro non se atrevía a sinalar un penalti que podía abrir unha vantaxe crucial.No 72 era Albertiño quen tiña a opción de facer o seu segundo gol na conta particular.

Pero no minuto 78 despois dunha falta lonxana e un rebumbio no área que non foi quen de despexar a defensa local aparecía un xogador do Lira para empatar de novo o partido.

E todo empeorou cando o arbitro no minuto 83 pitaba unhas mans no área do Muxía, similares as que non quixera pitar nas do Lira co lóxico desacougo da parroquia local que se foi para a casa pensando que ante a dúbida sinalaría a favor do Lira, que a postre supuxo o 3 a 4 definitivo.


Dende aquí ata o final loitou con máis corazón que cabeza o Muxía que tivo unha gran oportunidade na cabeza de Juan Prado despois de centro de Albertiño e un perigoso lanzamento de Castreje que golpeou no seu compañeiro Juan Prado cando parecía que collía portería, ademais dun par de balóns colgados que despexou o porteiro visitante, chegándose así o fin do partido.

Destacar os debut co primeiro equipo do Muxía dos xuveniles  Adrián Alcaina que o fixo como titular e de Castreje que o fixo saíndo dende o banco. E o primeiro gol ca camiseta vermella de Casais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario