domingo, 30 de septiembre de 2012

Xuveniles. Muxía - Malpica.


MUXÍA : José Manuel, José Ramón, Paulo, Denís, Antoniño ( minuto 77 Andrés ), David Pena ( minuto 72 Santi Negro ), Adrián, Castreje, Victor, Peski, Isma.



MALPICA : Jesús, Victor, Fenosa, Lexi, Joro, Canario, Diego ( minuto 76 Pitis ), Guille ( minuto 81 Aitor ), Martín ( minuto 72 Almeida ), Juny , Camilo.

GOLES : 0-1 minuto 5 Juny  ; 1-1 minuto 20 Victor de penalti, ( descanso ) , 1-2 minuto 50 Juny , 1-3 minuto 70 Juny, 1-4 minuto 82 Juny de penalti.

Despois de tres empates en tres partidos o Muxía recibiu a primeira derrota da tempada na visita do actual campión o Malpica.Nun partido marcado polo vento , o mal estado da Arliña e os goles do capitán visitante Juny.


A primeira metade o vento a favor correspondeu o Malpica que xa os cinco minutos aproveitou a súa primeira ocasión para poñerse en vantaxe.

Os malpicáns dominaron o partido pero sen gozar de moitas ocasións parecían estar un pouquiño por encima dos locais.

 O Muxía tentaba xogar o ritmo que marcaba Adrián. E así unha xogada por banda dereita rematou con mans dun defensa visitante dentro do área e penalti. O encargado de lanzalo foi Victor quen o lanzou cunha tranquilidade pasmosa para igualar o partido.


Dominaba o Malpica, pero sen contundencia e solo con lanzamentos lonxanos poñían en perigo a José  Manuel que fixo un par de boas actuacións.

Así se chegaba o tempo de lecer, algo que se alargou un pouco máis do habitual xa que o colexiado mandou pintar de novo as áreas e as liñas de fondo.

E cando o Muxía tiña o vento a favor non foi quen de aproveitalo. No minuto 50 a defensa local durmiuse e Juny  fixo o 1 a 2. Dende ese momento pareceron desaparecer os locais.


Solo un lanzamento longo que se tragou a defensa visitante non foi quen de definilo Castreje con todo o seu favor. Pouco despois era Isma quen facía algo parecido.

Os visitantes de vez en cando sacaban algunha contra que José Manuel facía desaparecer. Ata que no minuto 70 Juny non erraba para o 1 a 3 e mataba o partido.

Aínda tivo Adrián a posibilidade do segundo gol local despois dun perigoso lanzamento de esquina do seu irmán Victor.


No minuto 82 Juny transformaba un penalti cometido por Santi Negro para pechar o marcador.

Nos últimos minutos os locais tentaron un novo gol pero un par de lanzamentos lonxanos de falta de Denís non poideron  ser empurrados as redes por Peski.

Chegou así a primeira derrota da tempada para o Muxía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario