domingo, 2 de septiembre de 2012

Copa Xunta. Fisober - Ponte Ourense. 1-7 .


COPA XUNTA

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – PONTE OURENSE. 1-7.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Eva e Laura.



PONTE OURENSE : Loli, Drica, Rosángela, Anita  e Vanessa ; tamén xogaron : Chiqui, Laura, Marta, Carol, Noelia, María e Paloma.

Árbitros : Manuel Vázquez e Vicky Mosquera . Crono : Yayo Pájaro.

GOLES : 0-1 Laura, 1-1 Ana, 1-2 Anita, ( descanso ), 1-3 Drica, 1-4 Drica, 1-5 Chiqui, 1-6 Marta,  1-7  Vanessa.

O Fisober disputaba esta sábado,un día antes do seu oitavo cumpreanos e nutrido por xogadoras que foron dando todos os pasos co clube dende categorías inferiores que foi cas que naceu o clube ata a actualidade,  por primeira vez na súa Historia un partido da Copa Xunta e o rival non era outro que o Ponte Ourense de División de Honra , o que fora campeón de Liga e Supercopa española no 2011.

Sairon moi concentradas as da Costa ata o punto que a primeira ocasión foi delas por medio de Patri despois dunha boa combinación . Atenderon o aviso as de División de Honra e os tres minutos mandaron o balón o pau por medio de Anita.


As locais non lles quedou outra que defenderse con orde e tentar sair en algunha contra. Os catro minutos era Laura a que inauguraba o electrónico co primeiro gol visitante.

A cal pudo respostar o Fisober cun lanzamento lonxano de Nuria dende propio campo que casi sorprende a Loli e que se foi o longueiro.

Non querían ser menos as visitantes e Laura tamén mandaba o longueiro. Tocaban e tocaban as do Ponte para buscar ocos e atopábanse cunha gran actuación da porteira Paula que freaba os seus intentos, xunto co traballo defensivo das súas compañeiras.

Nin Laura , nin Drica, nin Carol  podían ca porteira local. O Fisober non podía apenas saír , pero nunha desas poucas saídas Ana aproveitou un balón morto para colocar un sorprendente 1 a 1 no marcador. E Barca dende lonxe casi aumenta a sorpresa.


Pero a 53 segundos do descanso Anita non perdou para poñer o Ponte Ourense de novo en vantaxe.

A volta dos vestiarios xa foi outra historia, as visitantes apretaron máis si cabe  e non deixaron opcións o Fisober que non inquietou casi a meta defendida por Noelia.

Todo o contrario que a de Eva, que o igual ca súa compañeira Paula fixo unha gran actuación na portería.

As ocasións e os goles foron caendo nesta segunda metade. A internacional Rosángela que debutaba procedente do Valladolid  enviaba o longueiro os tres minutos. Os cinco a brasileira Drica facía o terceiro para o seu equipo, e solo un minuto despois o cuarto.


No seguinte minuto era frenada por Eva, e no minuto oito Chiqui  facía o quinto para as visitantes. O Ponte chegaba unha e outra vez ante Eva amosando que as locais se lles foron esgotando os folgos.

Aínda así as do Fisober seguían sufrindo en defensa buscando que non se incrementara o resultado  cunha Eva moi atinada na portería . Pero nos dous últimos minutos caeron aínda dous goles máis, un por medio da internacional española Marta e outro por medio de Vanessa.

En definitiva o Fisober aguantou unha metade o empuxe dun equipo de Divisón de Honra, pero a segunda fixoselle moi longa, típico a estas alturas da pretempada.


Destacar que no Fisober foron baixa para este partido por motivos laborais, tanto Elsa como Olalla. E que a cadete Laura por segunda vez disputaba uns minutos co primeiro equipo.

O mércores as 20 horas visitan Poio no segundo partido desta competición.


No hay comentarios:

Publicar un comentario