martes, 25 de septiembre de 2012

Máis sombras que luces !


Despois de verlle os primeiros partidos o Real Madrid decidín facer un primeiro análise e a min aparécenme máis sombras que luces.


Despois de que Mou dixera que non tiña equipo o rematar o partido de Sevilla e a prensa deportiva, bueno ahora máis ben sensacionalista xa que vivimos nun Sálvame constante, apresurouse a decir como pode falar deso cos cartos que vale o seu equipo e todo o que deixa no banco. Mou referíase a que os xogadores non están a rendir como matizou días despois. Eu tamén creo que os xogadores non están a rendir , están moi lonxe do seu nivel ideal.

Pero algo  ou moita  culpa terá el tamén, de feito para algo é o capitán con plenos poderes da nave, para tomar decisións e para que  soporte  el as grandes responsabilidades e críticas.

Nun principio pensei , algo de certo haberá , que a preparación física este ano está encamiñada para outros meses , para chegar forte a Marzo, Abril, Maio que é cando se deciden os títulos, si chegas con opcións a esas datas. Despois do fiasco das semis de Champions fronte o Bayern o ano pasado e a mala imaxe física que se deu creín nesa posibilidade. A tempada  pasada empezouse moi forte mirando a Supercopa co Barsa e o arranque da Liga. Pinchouse en Setembro cun empate e unha derrota pero ata Decembro non se volveron a perder puntos.

Pero xa empezo a dubidalo , para un servidor solo Marcelo e quizais Pepe están a un nivel aceptable o resto están moi por debaixo do seu nivel, demasiado erráticos algo que persoalmente me preocupa. Erramos en controis fáciles, pases, cortes ……….. , a mala forma física-psíquica( algún da a impresión como di Mou que non ten a cabeciña donde ten que tela, pero dos seus protexidos tamén )  pode axudar a esto.

Outro gran problema é a falta de pegada e definición, o que era o gran valor do Real Madrid converteuse neste arranque de tempada nun lastre. Nos últimos partidos creáronse ocasións a pesar dun xogo non moi vistoso, pero fallou a puntería , algo que tamén debemos mellorar. Cristiano “o triste” non está ben, o Pipa desperdicia os seus enormes desmarques cunha pésima definición e Karim apareceu a última semana por fin. E os medios non andan finos.

En cambio seguen chegándonos pouco pero os rivais aproveitan o máximo as súas opcións. Claro exemplo o día do City, que con apenas dúas chegadas marcaron dous goles. Yaya Toure parecía que xogaba contra cadetes, de novo a física importante, unha vez nos traspasan a primeira liña de presión sufrimos moito máis ca anos atrás. Esperemos que sea cuestión física solo.

E claro o mal arranque xa deixou a Liga moi costa arriba con oito puntos que remontar xa e cunha visita o Nou Camp para dentro de dúas semanas. O Barsa sacou os seus resultados adiante e eso é o que importa na Liga.

Outro punto no que quero incidir é na falla dun lateral dereito suplente, a min Álvaro Arbeloa gústame especialmente, aínda sendo un xogador moi criticado por moitos que non ven as súas virtudes, eu sempre o querería no meu plantel xa que  cumpre cas funcións de lateral tanto defensiva como ofensivamente, pero físicamente non é un portento e non está para xogar os 70 partidos que debería xogar o Real Madrid. Quen o vai suplir, Essien, Ramos, penso que deberíamos de ter un suplente ou titular de garantías para uns 20, 30 ou 40 partidos, Mou saberá.

En definitiva eu non vexo nada claro este arranque e xa sabemos como son as cousas na Casa Branca como se torzan dende tan pronto, a espada de Damocles e as críticas van estar encima de todos e a tempada pode facerse moi longa. Para outro debate quedaría o tema de poñer máis calidade no centro do campo para acompañar a Xabi Alonso, de deixar ir a Granero, desperdiciar a opción de fichar a Cazorla ou Valero, e de xuntalos con Modric ou Ozil.  Viuse que cando presionamos e roubamos arriba é cando facemos dano, volver a conseguir eso marcará o éxito ou fracaso da tempada e para eso necesitamos o triangulo presión-puntería-precisión para o cal necesitamos un mellor tono físico que poderíamos conseguir dende a posesión tamén, Mou está nas túas mans inculcalo, aínda que todos sabemos que ese xogo non che vai nin foi nunca, pero no Bernabeu un once con máis xogadores de calidade non viña mal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario