jueves, 6 de septiembre de 2012

Copa Xunta. Poio-Fisober. 5-0


COPA XUNTA

RESULTADO : POIO F.S. – FISOBER F.S.F. : 5-0

POIO : Nere, Yoli, Charo, Kiko, Elena ; tamén xogaron : Peke, Anita, Sara, Dana, Mar, Irene e Paula.

FISOBER : Paula, Patri, Ylenia, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Barca, Olalla, Eva e Myrella.



Árbitros : Juan González e Sergio Abilleira ; Crono : Alfredo Castro.

GOLES : 1-0 Elena ; 2-0 Kiko ; 3-0 Charo ; ( descanso ); 4-0 Elena, 5-0 Peke.

Na tarde-noite do mércores desprazouse o Fisober a Poio  para disputar fronte as locais, un equipo habitual xa en Segunda División aínda que por extrano que pareza competirá nun grupo diferente o das da Costa ademáis de ser o anterior equipo da xogadora do Fisober a ausente Nuria,  o seu segundo partido e a postre definitivo nesta Copa Xunta, o sábado xa recibiron o  Ponte Ourense en Cee.

E nestes dous partidos de pretempada as do Fisober  observaron  nos enfrontamentos con equipos de Primeira e Segunda División que o ritmo  vai ser moito maior e que cada erro os rivais o fan pagar, non perdonan.


O Fisober non se sentiu cómodo no partido , e apenas puido triangular   en ataque , tivo moito traballo defensivo o partido.

Xa os tres minutos Elena aproveitou unha descordinación  das visitantes para facer o primeiro gol. A primeira metade continou co dominio e presión do Poio pero as ocasións tampouco eran tan claras ante o  traballo defensivo do Fisober.

Pero os dez minutos outro despiste da visitantes deixou que Kiko disparara para o segundo gol do Poio. E os trece minutos foi Charo a que mandou o seu disparo o pau.


Os minutos seguían pasando co mesmo guión e Charo de novo tiña unha boa ocasión a tres para o fin. Unha Charo que de tanto buscalo fixo o terceiro gol do seu equipo cando se entraba case no último minuto.

A doce segundos do fin desta primeira metade un lanzamento lonxano de Ana fixo intervir a meta local Nere na que foi a mellor ocasión para as visitantes.

O Fisober entrou mellor despois do tempo de lecer e conseguiu combinar algo máis, pero sin crear perigo as locais.


Este periodo tivo moito menos ritmo e notouse que estamos en pretempada e os trinta grados que había no exterior a saber no interior do pavillón.

Aínda así de novo Elena facía o cuarto gol local os catro minutos e Peke o quinto os sete minutos.

Os minutos foron pasando sin apenas noticias relevantes dende aquí ata o final.


Destacar que no Fisober foron baixa para este partido por diferentes razóns tanto Elsa como Nuria. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario