lunes, 17 de septiembre de 2012

Muxía - Fisterra B. 5-1.


MUXÍA : Luís Romaní ( minuto 82 Jose Antonio ), Pesqui, Martinciño, Currás, Pataca, Santi Papi, Javi, Dimas ( minuto 76 Jose Manuel ), Adrián Negro ( minuto  82 Gemelo ), Casais ( minuto 46 Julián ) e Albertiño ( minuto 81 Carrera ).



FISTERRA B :  David (Iago, min.80), Juanjete (Abel, min.60), Juan, Jorge, Santi, Sheg, Cote, Dani, Mario, Bruno, Gonzalo (Estrella, min.60)

GOLES : 1-0 minuto 15 Adrián Negro de penalti , 1-1 minuto 45 Bruno ( descanso ) , 2-1 minuto 63 Santi Papi, 3-1 minuto 70 Adrián Negro de penalti, 4-1 minuto 73 Dimas, 5-1 minuto 80 Jose Manuel.

Xogaba o primeiro partido da tempada o Muxía como local e solventouno mediada a segunda metade na tarde que voltaban a Arliña, o adestrador Juan Cortés “Papi “ e os xogadores Luís Romaní, Pesqui, Santi Papi, Dimas, Adrián Negro e o debutante Casais.

A primeira metade non tivo moitas ocasións pero o dominio do xogo foi dos locais, nun terreo de xogo da Arliña que non está en moi boas condicións.
O fondo os terreos do Parador


Así os quince minutos Adrián Negro poñía en vantaxe os locais despois dun penalti protestado polos visitantes  cometido sobre el mesmo.

O xogo dos fisterráns basabase en balóns longos para Bruno que xogou volcado na banda esquerda a primeira media hora de partido.

A gran ocasión local para aumentar vantaxe foi para Albertiño quen enviou rozando o pau un man a man ante o meta visitante.

O “mister” visitante Borrasca cambiou a Bruno de banda para evitar a un Pesqui que non lle daba opcións.


Co paso dos minutos e co cansanzo  o Muxía foise rompendo en dous bloques ataque-defensa  algo que lle tocará mellorar os de Papi para os seguintes encontros.

Pero cando a primeira metade tocaba o seu fin un balón longo chegaba a Bruno preto do área e ningún dos tres defensas locais que o rodeaban foi quen de despexalo, Bruno levouse o balón por forza e picardía e igualaba o partido.

A saída do tempo de lecer o adestrador local deu entrada a Julián na media para controlar máis o partido e evitar que se lle rompera o equipo. Algo que acadou xa que o Muxía dominou con moita maior claridade esta segunda metade e o equipo pareceu máis compacto.


No minuto 57 na que foi a mellor xogada local do partido unha combinación de case todo o equipo chegou a Pesqui que se incorporou por banda dereita cedendo para Adrían Negro e un defensa visitante tocou o xusto para evitar o gol.

Solo dous minutos despois era Albertiño o que de novo se prantaba solo ante o porteiro visitante  e de novo o seu disparo rozaba o pau.

E o gol tiña que caer e foi gracias a un dos habituais zapatazos de Santi Papi dende a frontal que tocaba o longueiro e se colaba para facer o 2 a 1 os 63 minutos.


Dende aquí xa respiraron máis tranquilos  os locais e así no minuto 70 de novo Adrián Negro transformaba un penalti por mans dun defensa fisterrán para poñer o 3 a 1.

Tralo gol os visitantes gozaron dunha inmellorable ocasión para voltar a entrar no partido pero un corte providencial e a chegada de Luís Romaní evitaron o susto e claro o que perdona recibe o gol na seguinte , no  73 era Dimás o que aproveitaba un balón no área para facer o cuarto local. E aínda quedaba o quinto de Jose Manuel quen empurrou sobre a liña no minuto 80 despois de aproveitar un centro-chut dende banda dereita de Javi que posiblemente se colara igual.


En definitiva goleada local que deixou con bo sabor de boca os siareiros.

Colabora cos datos do Fisterra B , Oscar de Urroa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario