lunes, 21 de mayo de 2012

Un mini disque das Copas de futsal Femenino.

Antes de iniciar os resultados comentar que o Concello de Ames decidiu deixar sin Pavillón para os adestramentos desta semana o equipo de fútbol sala femenino do Meigas, polo tanto como medida de protesta decidiron adestrar no horario de sempre o mércores e o venres de 19 a 21 horas diante do Concello de Ames. Dende aquí mostrar todo o noso apoio e si alguén anda por alí eses días xa sabe que se pode unir o adestramento.

Parece ser que xa se coñecen os rivales do Campeonato de España para o Fisober. Serán  Berezi 99 de Vitoria e o Colegio Claret de Don Benito ( Badajoz ). Nos próximos días tentaremos conseguir información sobre eles.

Como a Federación non poñe os resultados de Copa, pois hai que investigar para tentar saber resultados :

Na Copa de Provincial disputabanse os partidos de volta dos partidos e parece ser que estes foron os resultados :

Amarelle B - Fisober B. 5-4 como no partido de ida xa ganara Amarelle B por 3 a 10  en Vimianzo, polo tanto pasa Amarelle B.

O seu rival será o Manureva que ganou 4 a 1 a Fervenza B. No partido de ida xa ganara o Manureva por 2 a 4 en Narón.

No outro lado do cadro parece ser que O Pino ganou por 6 a 1 o Ponteceso, como xa ganara por 2 a 4 en Ponteceso pasan as do Pino. O seu rival descoñocemolo xa que non sabemos o resultado do Mabegondo vs A Salina, en Esteiro ganara Mabegondo por 2 a 3.

Na Copa Autonómica , son os partidos de ida dos cuartos de final, e o que descubrimos foi :

No Guntín vs Fisober o resultado foi de 2 a 3 para as de Vimianzo.

Este lado do cadro parece ser que xa coñece rival, xa que Poio e Funeraria Apóstol adiantaron a eliminatoria o xoves festivo  e o domingo e din que se clasificou o Funeraria Apóstol, sabemos que no primeiro partido xa ganaran as de Santiago por 3 a 2. No partido de volta acaban de informarme que tamén ganou o Funeraria Apóstol por 5 a 3.

No outro lado do cadro  descoñecemos o resultado do partido que enfrontou a Cidade das Burgas e Concello
de Mos.

No derbi entre Marcón e Leis , parece ser que o Leis ganou por 1 a 3 na casa do Marcón.

Como decimos non podemos asegurar con total seguridade os resultados pero as nosas fontes foi o que nos dixeron.




No hay comentarios:

Publicar un comentario