lunes, 21 de mayo de 2012

Copa Provincial. Amarelle B- Fisober B.5-4.

RESULTADO : VIAXES AMARELLE B – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO”. 5-4.

AMARELLE B : Anabel, Alba, Peke, María e Cruz ; tamén xogaron : Cris, Uxía e Laura.

FISOBER B : Natalia, Patri, Noelia, Myrella e Ylenia ; tamén xogaron : María, Iria e Cris.


Árbitro e Mesa : David Ruiz e Maryluz Mendoza.

GOLES : 1-0 María, 2-0 Cruz, 2-1 Myrella, 2-2 Noelia, 2-3 Noelia, 3-3 María, ( descanso ), 4-3 Cruz, 5-3 María, 5-4 Patri.

Na maña do domingo disputouse no Pavillón do Barrio das Flores da Coruña  o partido de volta dos cuartos de final da Copa de Provincial, un partido que viña salvo miragre decidido co 3 a 10 para as de Amarelle B na ida disputada en Vimianzo o que propiciou un partido vistoso.

O filial do Fisober chegou o partido cunha extrana mezcla de xogadoras debido as numerosas baixas que acumulaba e ata vio como a xogadora de campo Natalia formou na portería.



O partido non podía empezar de mellor maneira para as locais, xa que os tres minutos unha combinación entre Cruz e María remataba con gol desta última.

E solo un minuto despois Cruz roubaba e marcaba o dous a cero en tan solo catro minutos.

As visitantes comenzaron a carburar despois dos mazazos iniciais  e os nove minutos combinaron Patri, Noelia e Myrella para que Noelia vira como Anabel despexaba o seu remate. E solo un minuto despois unha recuperación de Patri que enviaba a Myrella a cal  facía o primeiro gol visitante.

Os doce minutos era Iria a que pasaba o balón a Noelia quen de media volta facía o dous a dous. O igual que para  as locais dous goles case consecutivos empataban o encontro.


Os dezanove minutos unha combinación entre Patri e Noelia era de novo freada por Anabel. A resposta non se fixo esperar e Peke vía como Natalia enviaba a saque de esquina.

Camiño dos vintedous minutos un roubo no área de Patri quen cedeu para Noelia quen lle daba a volta o marcador de maneira momentánea facendo o dous a tres.

Nos últimos minutos  as locais voltaron a tomar o mando pero a debutante na portería Natalia desfacía as súas ocasións, e cando non era ela foi o longueiro o que a axudou.

Pero no último minuto unha perda das visitantes  era aproveitada de novo por María para devolver a igualada cando se chegaba o tempo de lecer.



A segunda metade comenzou como a primeira con ocasións para os dous equipos. A primeira foi unha combinación das visitantes  Ylenia e Noelia para que esta enviase fora. E a resposta local foi o instante un balón longo que chegou a Cruz e desfacía a igualada.

Co paso dos minutos as ocasións e o ritmo  foron decrecendo por parte dos dous equipos. Os once minutos combinaron Myrella e Patri para que parase Anabel.


Os catorce foi de novo a local María a que facía o seu terceiro na conta particular e o quinto para o seu equipo.

A partir de este gol as xogadoras  do Fisober fixeron un último esforzo  na búsqueda de cando menos igualar o partido. Os dezanove minutos un roubo de Patri  e o seu posterior tiro foi enviado por Anabel a saque de esquina.


Non foi ata o último minuto cando Patri facía o definitivo cuarto gol para as visitantes pero xa non quedaba tempo para a igualada.


Destacar que as múltiples baixas das que dispuña o filial do Fisober obrigaron a xogadora de campo Natalia a ocupar a portería  por primeira vez na súa vida onde fixo unha moi  meritoria laboura.

CRÓNICA DE AMARELLE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario