lunes, 28 de mayo de 2012

Copa Autonómica. Fisober - Guntín . 5-4.


RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – CONCELLO DE GUNTÍN : 5-4.

FISOBER : Paula, Patri, Olalla, Noelia e Barca ; tamén xogaron : Ana, Nuria, Myrella , Eva e Ylenia.



GUNTÍN : Jessica, Paula, Noe, Laura e Patricia ; tamén xogaron : Nerea e María del Carmen.

Árbitro e Mesa : Emilio Losada e Inma Silva.

GOLES : 1-0 Patri, 1-1 Laura, 1-2 Noe, 2-2 Barca ( descanso ), 2-3 Noe, 3-3 Nuria, 3-4 Laura , 4-4 Barca , 5-4 Patri.

Partido de volta dos cuartos de final da Copa de Autonómica disputado o sábado en Vimianzo, no que a relaxación e o exceso de confianza puxeron contra as cordas o Fisober que tivo que sudar ata os minutos finales para clasificarse para unhas semifinales onde se enfrontará o Funeraria Apóstol .

Os primeiros minutos xa marcaron como ía ser o partido viose  que a porteira local  Paula tivo que aparecer  para desfacer as ocasións de Laura e Noe.

Algo que parecía solucionado cando unha combinación en ataque das locais remataba co gol a pracer de Patri, co que aumentaban a vantaxe de 3 a 2 que traían de Guntín.


O partido pasou a ser monótono e aburrido, agraviado  pola sensación de bochorno que se vivía no pavillón. Un ritmo que viña mellor as visitantes e no cal contaxiaron as locais. De feito o único destacable durante boa parte da primeira metade foron os problemas de xeonllo que vivio Ana que a obrigaron a tan solo  disputar un par de minutos .

Despois desta longa laguna no xogo, solo unha ocasión os doce minutos por parte da local Myrella fixo saír do letargo a xente, ademáis dun balón que sacou a local Noelia baixo paus.  Pero os problemas para as locais comenzaron cando nos dous minutos seguintes , primeiro Laura e logo Noe cun pouco de fortuna daban a volta o marcador dando  vida  a eliminatoria.

As do Fisober decidiron espertar e no minuto dezaseis Noelia tivo un lanzamento o pau o cal non tardaron en respostar as visitantes pero Paula atallaba con seguridade. A falta de dous minutos  para o fin da primeira metade de novo Noelia tiña unha nova opción.

Cando se chegaba o último minuto foi Barca a que puxo o dous a dous no electrónico  e na última xogada antes do tempo de lecer Patri e Barca dispuxeron de magníficas oportunidades para poñer en vantaxa as súas.


O Fisober comenzou un pouco máis enchufado na segunda metade, os catro minutos era Patri a que lanzaba o pau e na continuación Nuria vía como Jessica paraba o seu lanzamento. Os seis minutos era Barca a que tiña unha ocasión ante Jessica que comenzaba a ter un escuro protagonismo para as locais.

Todo empeorou cando a visitante Noe facía o dous a tres e igualaba a eliminatoria, dende este momento todo o mundo se enchufou dende as xogadoras ata o público conscientes de que se entraba nun novo escenario .Unha xogada individual de Nuria igualou o partido a tres tan  solo un minuto despois.

No minuto once chegou unha xogada que puido ser clave na eliminatoria. A local Patri facía o catro a tres  despois dun saque de esquina un gol que entrou con suspense e de forma extrana  pero claramente. O colexiado entendeu que o gol entrara por un inexistente furado na rede e non deu validez o gol ante o asombro das xogadoras locais. Destacar que unha vez finalizado o partido e nun acto que o honra  admitiu o erro e pedio perdón por unha xogada que pudo cambiar o signo da eliminatoria.


As xogadoras do Fisober aínda en estado de shock por tal situación virón como Laura casi na xogada seguinte  de lanzamento de falta que tocou nunha xogadora  facía o tres a catro que deixaba as da Costa fora da competición.

Momento de zozobra das locais que se tiraron a por un gol para clasificarse con máis corazón que cabeza, no que gozaron de ocasións pero tamén virón como a súa porteira Eva tiña que asumir un inexperado protagonismo.

Ata que a catro para o fin un balón perdido no área aproveitabao Barca para igualar o partido e poñer as súas por diante na eliminatoria. Guntín decidiuse pola porteira – xogadora facendo que Eva tivera que aparecer de maneira salvadora.


Pero eso tamén provocou ocasións para as locais que non tiveron o froito do gol ata que a dous para o fin Patri fixera o cinco a catro e deixara un certo marxe de erro o Fisober.

Dende aquí ata o fin ocasións para os dous lados e unha sufrida clasificación para un Fisober que durante catro minutos viuse fora da Copa e das semis onde espera o Funeraria Apóstol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario