lunes, 14 de mayo de 2012

Copa Provincial.Fisober B - Amarelle B.


RESULTADO : FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” – VIAXES AMARELLE B. 3-10.

FISOBER B : Martina, Patri, Ana, Inés e Laura ; tamén xogaron : Catti, Myrella, Iria, Tamara, Cris e Natalia.



AMARELLE B : Anabel, Alba, María, Cruz e Uxía ; tamén xogaron : Peke, Laura e Cris.

Árbitro e Mesa : Gerardo Pájaro e Yayo Pájaro.

GOLES : 1-0 Ana, 1-1 María, 1-2 María, 1-3 Uxía, 1-4 Cris, 2-4 Ana, 2-5 María ( descanso), 2-6 Uxía, 2-7 María, 2-8 Peke, 2-9 Cruz, 3-9 Myrella, 3-10 Peke.

A tarde do sábado voltaba a competición o filial do Fisober no partido de ida dos cuartos de final  da Copa de Provincial ante un Viaxes Amarelle B que venceu de forma contundente e deixou máis que encamiñada a eliminatoria.


O Fisober B presentou de saída a dúas habituais do primeiro equipo como Patri e Ana e as dúas xogadoras máis xóvenes do plantel as cadetes de primeiro ano Inés e Laura.

Comenzaron  ben as do Fisober B, e así os dous minutos Patri probaba  dende lonxe a Anabel. A resposta foi por parte de Cruz os catro minutos pero  Martina tamén atallaba.

Os cinco minutos despois do lanzamento dun saque de esquina o balón chegou a Ana no borde do área  que lanzou para batir a Anabel e poñer as locais en vantaxe.


Pero todo mudou os sete minutos cando unha perda na saída de balón era aproveitada por María que encarou a Martina regateouna e marcou o gol da igualada. O  peor foi que nesa mesma xogada a porteira local Martina nun mal xiro tentando evitar o gol  caeu lesionada de novo no xeonllo dereito  non podendo continuar o partido.

A lesión foi  un mazazo para o equipo que se mostrou dende este momento moi impreciso e nervioso trala perda da súa  porteira. A pesar desto un minuto despois  unha combinación entre Ana e Inés foi detida por Anabel.

No minuto once de novo María roubaba para poñer o segundo para as visitantes. E nese mismo minuto era Uxía a que poñía o terceiro.  No doce de novo  Uxía casi fai o cuarto.

Un cuarto gol que si fixo Cris os quince minutos, co cal o cadro local  viuse  obrigado a pedir tempo morto para frenar a sangría.


E algo melloraron as locais, xa que primeiro unha combinación entre Myrella e Patri rematou cun perigoso lanzamento desta última. E no minuto 21 Inés filtrou un espectacular  pase para Ana que de vaselina acurtaba distancias para o dous a catro.

Pero solo un minuto tardou o Amarelle B en voltar a aumentar as distancias xa que de novo María facía gol para o dous a cinco.

Aínda así antes de chegar o tempo de lecer Patri e Laura combinaron para que esta última lanzara rozando o pau.


A segunda metade tivo moito menos ritmo e moitas máis imprecisións, aínda que curiosamente os mesmos goles que na primeira metade eso si repartido de diferente maneira. Os catro minutos unha falta que sacaba Ana para Patri que lanzou e Anabel  paraba sin excesivos problemas.

No minuto seis Uxía  marcaba o sexto gol visitante e os dez era de novo María a que facía o sétimo para as visitantes. Dada a amplia desvantaxa o cadro  local decidiu  arriscar con Ana de  porteira-xogadora.

Os trece minutos unha dobre cesión local era aproveitada por Peke que convertía despois   dunha  xogada de pizarra a falta indirecta. E os dezaoito minutos Cruz facía un novo gol para as visitantes.


Co partido totalmente roto Myrella facía de volea un auténtico golazo para poñer o terceiro gol no electrónico local. Pero as visitantes aínda fixeron un último gol cando Peke roubou e lanzou dende o seu campo aproveitando o ataque de cinco local.

O partido de volta según informaron dende o Viaxes Amarelle disputarase na Coruña na maña do  vindeiro domingo 20 de Maio.


A mala noticia do partido foi a posible recaída da porteira  Martina na súa anterior lesión de ligamentos no xeonllo dereito, está a espera da evolución da mesma. Era o terceiro partido dende a recuperación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario