lunes, 21 de mayo de 2012

Copa Autonómica. Guntín - Fisober.2-3.

RESULTADO : CONCELLO DE GUNTÍN – FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO”.2-3.

GUNTÍN : Yessica, Patricia, Paula, María José e Laura ; tamén xogaron : Cristina, Noe, Mª del Carmen, Lorena, Nerea e Lucía.

FISOBER : Eva, Patri, Ana, Olalla e Barca; tamén xogaron : Noelia, Ylenia e Myrella.



Árbitro e Mesa : Ismael Gómez i Elena Veres.

GOLES : 0-1 En propia porta tras tiro de Barca, ( descanso ) , 0-2 Barca, 1-2 María José, 1-3 Patri, 2-3 María José.

Partido de ida dos cuartos de final da Copa de Autonómica disputado este sábado  en Guntín que xa se supoñía compricado debido o mes de parón pero no que o Fisober arrancou unha merecida e traballada  victoria.

Un partido o cal o Fisober chegaba cun bo número de baixas, as que se lle foron sumando na segunda metade  as que propiciou a local Noe que  deixou uns “recadiños” cos cóbados sin que o colexiado sinalara nada  e foi eliminando  do partido sucesivamente a Ana, Ylenia e Olalla.

Os seis minutos unha combinación de todo o equipo rematou cun pase de Patri para Barca e despois do lanzamento desta o balón rebotaba nunha xogadora local  e subía o 0 a 1.

As locais respostaron cun par de ocasións ben  desbaratadas   pola porteira visitante Eva. Os nove minutos a local María del Carmen combinou con Noe quen cabeceou o longueiro. O cal respostou o Fisober cunha combinación de Ana e Noelia que parou Yessica.

Unha Yessica que freou unha nova ocasión de Noelia, e outra casi de seguido a Ylenia despois dun pase de Myrella. Pouco despois tampouco era quen de conseguir o gol Patri.

Chegandose os últimos cinco minutos desta primeira metade con  dúas ocasións para as locais , primeiro para Lucía e pouco despois para Laura.

No último minuto tiveron un novo arreón as locais pero Eva paraba os lanzamentos de Lucía e Patricia, chegandose o tempo de lecer coa victoria pola mínima das visitantes.

A segunda metade comenzou cunha nova ocasión local por mediación de Laura ante Eva. A resposta non se fixo esperar e foi por medio de Patri.

Esta  segunda metade comenzou moito máis movida ca primeira e ahora era a local Paula a que tiña unha ocasión. A cal respostaron as visitantes  Ana e Barca pero o balón non quixo entrar.

O Fisober comenzaba a dominar o partido e os oito minutos e unha combinación entre unha moi entonada  Olalla e Myrella remataba cun lanzamento desta última que se foi lambendo o pau.

Os nove minutos de novo Olalla asistía para Barca quen tentaba sorprender de vaselina pero iaselle por pouco. Respostaron as locais por mediación  de Noe.

Os once minutos  Olalla pasaba para Myrella que facía un forte disparo que non era quen de atallar a porteira local e Barca atenta remachaba para o 0 a 2.

Pouco lle durou a ledicia as do Fisober xa que unha combinación entre Lorena e María José terminaba co gol desta última.

A falta de cinco para o final unha combianción de todas as xogadoras do Fisober remata cunha serie de paredes entre Barca e Patri para que esta última marque ca esquerda case sin angulo o un a tres.

Os últimos minutos  as locais achucharon o Fisober cando as baixas se foron sucedendo  ata que María José  de novo fixo o 2 a 3 definitivo.

Aínda así Patri tivo unha ocasión no último minuto para ampliar o electrónico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario