lunes, 28 de mayo de 2012

Paseando polo sala femenino.

Andan as Copas e as fases femeninas de Ascenso no aire, pero a dificultade para descubrir resultados é máxima asi que agradecería calquera información que me puderan dar, de todos modos poñerei a información da que dispoño :


Na eliminatoria de Copa Autonómica entre o Mos e Burgas as viguesas remontaron e ganaron por 6 a 2, co cal se clasificaron para semifinais. Podedes ver a crónica pinchando aquí. Tamén colgaron unha semana despois a crónica do partido da semana pasada. Un partido que dende Burgas viran así.

O seu rival sale do Leis vs Marcón no que as de Leis xa ganaran en Marcón por 1 a 3 pero aínda descoñecemos o resultado da volta. Acaba de informarnos Barca Toba que Leis ganou 5 a 2.

A outra semifinal sera a Funeraria Apóstol vs Fisober. As santiaguesas ganaron por 3 a 2 e 5 a 3 xa a semana pasada e xa esperaba o seu rival. E o Fisober pasou este fin de semana ca súa victoria por 5 a 4 sobre o Guntín.

Na Copa de Provincial descoñecemos os resultados do Amarelle B vs Manureva e do Mabegondo vs O Pino.

Na fase de ascenso a División de Honra o Amarelle caeu na casa fronte o Centelles por 1 a 5 compricandose moito o ascenso.

Noutra das eliminatorias de ascenso o Collado Villalba tamén caia na casa fronte o Roldán por 3 a 9.

Na última das eliminatorias polo ascenso a Honra o UCAM Murcia perdeu 2 a 3 na casa fronte o Alcorcón.

Recordamos que si alguén coñece algún dos outros resultados de Copa Provincial ou Autonómica que me informe de todas maneiras tentaremos conseguilos. Os novos resultados poñereinos en comentarios.

2 comentarios: