viernes, 18 de mayo de 2012

Football : Dous auténticos xenios.


 O amigo o valenciano e socio do Valencia ,  Joaquín " Ximo " Calvo Saavedra , tamén coñecido como " O Notario ", xogador  na actualidade do Soneira de veteranos( pasou por moitos equipos alá por onde o foron destinando, incluso foi xogador do Muxía ) e que se atopa en Polonia para disputar dende hoxe  a Eurocopa de Notarios, enviounos está semana un artículo sobre o fútbol inglés do que é un gran namorado.

"FOOTBALL : DOUS AUTÉNTICOS XENIOS"
(BILL SHANKLY & BRIAN CLOUGH)

Para os que  creen que  inventaron  o  fútbol:


Cando en 1959 o escocés Bill Shankly aterriza no Liverpool, tras unha interesante aínda que non espectacular carreira como futbolista, poucos imaxinaban que os reds, entón en Segunda División, ian a conseguir en pouco tempo dominar, non solo a Liga inglesa, senón  todo o  fútbol europeo  sucedendo  os dous xigantes da década, o Ajax de Cruyff e o Bayern  Munich de Muller, Beckenbauer e  Maier.

Bill, non  foi  o  adestrador dos ingleses nas  súas primeiras tres Copas de Europa (a quinta e última de momento é a de Rafa Benitez no banco o  día da remontada fronte o  Milán) era outro mito, seu sustituto Bob Paisley, pero sin dúbida as bases de aquel éxito proviñan de aquel escocés lenguaraz, descarado, divertido e tremendamente involucrado no seu  traballo, un auténtico motivador.

Non  sólo subió o Liverpool a Primera, sinón que modernizou  o concepto de clube, deulle  identidade propia, cambiou  tódalas estructuras, dende Anfield, ata as divisóns inferiores..creou o Liverpool tal e  como o coñecemos na actualidade. De paso, fixo   tres veces campeón de liga , dúas da FA Cup e catro da supercopa,  ademáis de ganar o primeiro  título europeo do equipo, la UEFA do  73.

Súa foi  tamén la idea do cartel a  saída do mítico estreito túnel do  vestiario "This is Anfield".

Súa  estatua, hoxe preside a entrada de Anfield, coa lenda "El fixo a xente feliz"

O  ano seguinte Bill deixa o cargo en mans de un de seus moitos admiradores Bob Paisley, un home da casa, metódico, tímido, seguidor das ideas de Bill ata as últimas consecuencias a pesares do distinto do  seu carácter,  "sólo"durará no  cargo 9 anos nos que conseguirá 20 títulos (O  Liverpool en 120 anos de historia non tivo  máis que 19 adestradores, como os equipos españoles vamos...). 

Eles son, quizáis os dous personaxes máis importantes da historia red, e os máximos responsables de que cando se fale de Liverpool, a xente pense inmediatamente nos Beatles e nun equipo de vermello , por moito que se cabreen os que xogan de azul na outra marxe do rio Mersey.


Algunhas frases para o  recordo de Bill Shankly:
"En Liverpool solo hai  dous grandes equipos, o  Liverpool e os suplentes do  Liverpool"
"Si o  Everton xogara no xardín da miña  casa, correría as cortinas"
"Cando me aburro, miro a clasificación cara  abaixo para ver o  Everton"
"¿Que alineación vou  a sacar? Non vou  a dar esa información os do  Milán, si por min  fora, non  se enterarían nin  da hora do  partido"
"Molestame  cando a xente di  que o  fútbol é  cuestión de vida ou  morte, é  moito máis importante que eso"
"Si tes o  balón dentro do  área, metea na porteria e despois xa discutiremos as opcións"
"¿Que fas vendándote o xeonllo ? ¿teu xeonllo ? Ese non é teu xeonllo, ese xeonllo  é do  Liverpool"
"Tamén pasei  malos momentos aquí, unha vez estivemos segundos!"
"Si non  podes apoiarnos cando empatamos ou  perdemos, non  nos animes cando ganemos"

 BRIAN CLOUGH .


Cando en 1975 o  inglés Brian Clough aterriza en Nottingham, tras unha curta carreira de futbolista (goleador tremendo 267 goles en 296 partidos)  truncada por unha lesión e  unha carreira como adestrador plagada de historias turbulentas, puocos imaxinaban que os do  Forest, entón en segunda división, ian a conseguir en pouco tempo ganar non  solo a liga inglesa, sinón  dominar o  fútbol europeo de finales dos 70.

Brian é  un ególatra incurable, Shankly dixo del "Cando falo con ese home, non  sei  si está borracho de alcohol ou  do  seu propio ego".
Colle o  Derby County en segunda división, acabao  ascendendo  e facendo campeón de liga por diante dos todo poderosos Leeds e Liverpool. Chega a semifinalista da copa de Europa, onde é  eliminado pola Juve "esos tramposos e ladróns, cobardes italianos a os que machacamos na  guerra mundial" declara.

É  idolatrado pola afición, sin embargo seu enfrentamento cos directivos por culpa da súa necesidade  de controlarlo todo, de mandar, de facer o que lle de a gana, seus desmáns televisivos, levao  a dar un paso inesperado.

Dimite e acepta a oferta dos  seus archienemigos do  Leeds United, a os que  acusou  de todo durante aqueles anos, para sustituir a un mito en Leeds, Don Revie, que abandonou  Elland Road camiño da  selección inglesa.
Seus 44 días o  fronte dos brancos dan para un libro e para unha película (non  esaxero, existe en realidade, chámase  "Damned United" e é de obrigatoria visión para calquer  futboleiro).

Vale que os feitos  están novelados e  que foi  denunciada pola súa  familia por difamatoria, pero o certo, debeu  de ser a leite aquela relación de vestiario.
“ Vostedes ata onde eu sei roubaron todos os  títulos" parece que di  na súa charla inicial e  claro dende entón facer a cama a un adestrador en Inglaterra chámase  "facer un Clough".

Pelexas, insultos, agresión e  cese / dimisión ben pagada. Estancia en Brighton para adestrar  un terceira e  camiño a Nottingham xunto a seu inseparable segundo Peter Taylor
Un equipo sin demasiadas aspiracións que catro anos después ganou a liga contra entre outros o poderoso Liverpool de Paisley e o  mái s incrible, dúas Copas de Europa consecutivas.

Clough, un enfermo do traballo , un maniático, un tolo  de fútbol, un motivador excepcional...

Súa  estatua preside hoxe  o  centro de Nottingham e a grada principal do  City Ground leva seu nome...

Algunhas frases para o  recordo de Brian Clough:
"É  certo que Roma non  se construio nun  día..porque non  me deron a min o traballo"
"Hoxe é un día espantoso…….. para o  Leeds" (tras su dimisión/cese del Leeds)
"Cando un xogador quere discutir algo conmigo, sentamos , falamos vinte minutos e o  final decidimos que eu  teño razón"
"Si o balón tivera que ir polo ceo, Deus hubera posto céspede non nubes"
"Non  é certo  que Trevor Francis sexa o primeiro xogador que costou  un millón de libras, na  realidade costou  999.999"
" Non vou decir que sexa o mellor adestrador do mundo, pero dende logo estou no  top one"


No hay comentarios:

Publicar un comentario