lunes, 7 de mayo de 2012

Muxía - Corcoesto. 2-2.


MUXÍA C.F. : Jose Antonio, Carrera, Miguel Camarón, Currás ( minuto 46 Jose Ramón), Pataca ( minuto 46 Arxires ), Gerardo, Ziro, Raúl, Peski, Felipe ( minuto 65 Antoniño ), Martinciño.



CORCOESTO : Siro, Pablo, Miguel, Edelmiro, Germán, Longo, Javi, Miguel, Martín.

GOLES : 1-0 minuto 24 Pataca, ( descanso ) 1-1 minuto 49 Longo, 1-2 minuto 69 Miguel , 2-2 minuto 76 Peski.

O Muxía rematou esta tempada na Arliña escribindo unha nova páxina negativa nesta tempada. Foi incapaz de ganar a un equipo que chegou e xogou con solo nove xogadores, que para máis inri tivera partido de Copa da Costa o día anterior e incluso tivo tantas ou máis opcións de levarse o partido.


O Corcoesto prantouse na Arliña con solo nove homes pero que decidiron deixarse ata a última gota de sudor no campo e competiron con valentía ata o final, cousa que non fixeron os locais.

Dadas as vantaxes que tiñan os seis minutos o local Martinciño prantouse ante Siro pero non foi quen de superalo enviando o meta visitante a saque de esquina.

Os visitantes non renunciaban a ter as súas oportunidades e apesares de ter o vento en contra os oito minutos unha xogada por banda dereita chegou para que rematara Martín que errou  o máis doado.


O Muxía non era quen de botarlle o dente a un Corcoesto ben colocado, e non foi ata que os 24 minutos Pataca en xogada personal prantouse ante Siro e puxo en vantaxe os seus.

Fruto do gol chegaron os mellores momentos locais con ocasión para Peski os 26 minutos. Pouco despois chegou o momento de Siro que fixo dúas grandes intervencións a tiros de Peski primeiro e de Gerardo despois.

Os 32 minutos era Currás quen remataba fora de cabeza con todo o seu pracer. E no minuto 41 de novo Siro aparecía ante un lanzamento lonxano de Ziro.


Pero os visitantes non renunciaban e tiveron dúas ocasións clarísimas antes do tempo de lecer primeiro Martín erraba de novo o máis fácil e despois un compañeiro un man a man ante Jose Antonio.

A volta do tempo de lecer lonxe de virse abaixo os visitantes, que xogaban con nove controlaron mellor o partido axudados polo vento a favor. E xa no minuto 47 casi igualan o partido.

Algo que lograron os 49 minutos cun lanzamento lonxano de Longo  que se tragou Jose Antonio. Incrible pero certo un equipo con nove igualaba a un de once. Os minutos foron pasando e os visitantes non pasaban apuros.


E no minuto 69 un lanzamento de falta con novo erro de Jose Antonio provocou o 1 a 2 para os visitantes. 

E pudo ser peor si o visitante Martín non se fixera un lio nunha contra e despois de pasarlle a un compañeiro erraran a porta vacía. E máis ocasións para os visitantes.

Ata que no minuto 76 o local Peski encaraba para igualar o partido.


Nos últimos minutos ocasións claras para os dous equipos, pero o resultado non se moveu. O que non quedou claro foi si eran os visitantes ou os locales os que xogaron todo o partido con dous homes menos.

Chegouse o final cos xogadores visitantes derrumbándose exhaustos polo gran esforzo que lles valeu un máis que merecido punto, antollase pouco bagaxe para o traballo que fixeron.


Destacar que dous xogadores do Corcoesto xogaron con petos o non traer camisetas todos. Algo como o vivido este domingo na Arliña mostra claramente que a Liga da Costa parecese cada vez máis a unha Liga de Peñas, do Muxía mellor non falar pero era algo que se vía vir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario