martes, 16 de agosto de 2011

Inside the Supercup.

Este domingo voltaba a competición oficial o Bernabeu coa disputa do partido de ida da final da Supercopa. Un clásico no que un servidor puído estar presente.


O Real Madrid de Mou saiu con outra intención, supoñemos que sabedores de que o Barcelona chegaba xusto de preparación decidiron morder dende o primeiro minuto,pero esperemos que continue para próximas ocasións si eso nos leva a un mellor resultado. Así durante  a primeira media hora de xogo os brancos achucharon e gozaron de numerosas ocasións, pero a base de arreons, presión os erráticos defensas e medios culés  e balóns en longo. O Barcelona non carburou, deu peniña pero sacouse un gran resultado.


O gol de Villa cambiou o panorama aínda que facía xa uns minutos que o Real baixara o ritmo. O Barsa sentiuse algo cómodo de cara o fin da primeira metade. Pero a súa defensa e porteiro tiñan o día tonto e os brancos seguían a acumular ocasións. Un despiste, un rexeite e un esbarón levaron o inxustísimo 1 a 2 o descanso.

O comenzo da segunda metade foron os peores momentos madridistas pero o inesperado gol de Alonso axudou a dar tranquilidade e de novo ocasións os de Mourinho. Que non foron quen de aproveitalas a pesares das facilidades ofrecidas polos blaugranas na súa zaga. Tampouco o mediocampo culé tivo o seu día, eso si en canto Xavi entrou no campo todo mudou e amosou  que é o faro que todo o move para os de Pep. Ollo con Alexis que promete si  non é demasiado individualista. Co balón o Barsa da respeto.


Nunca unha noite nos últimos anos Iker Casillas tivo tan pouco traballo contra o Barsa, os dous goles foron as únicas chegadas de perigo dos culés, que se levaron todolos rexeites durante todo o partido, a sorte culé. Xunto cos rexeites levaronse un gran resultado nunha noite na que mereceron outro tipo de final.

Nos últimos minutos voltou a tensión e a polémica dos enfrontamentos do ano pasado.

O ano dous da Era Mou o fútbol foi igual. O xogo baseouse en balóns longos por parte de Pepe, a poder ser cambios de orientación, e tentar que o esférico pasase polas botas de Xabi Alonso que moitas veces se incrustaba entre os centrais para poder logralo. Pero o sentido o mesmo, cambios e máis cambios de orientación. O tolosarra solo non pode lograr facer que o mediocampo do Real Madrid xere un excelso fútbol e se non ten a súa mellor noite peor. Cando conseguía contactar con Ozil si que o lograba.


 Repetiu Mou a alineación do 5-0 no Nou Camp e foi algo máis atrevido, pero o gran  fútbol non aparece.

O do turco-alemán é outra cousa, xunto con Alonso son os homes que cambian e melloran  algo o fútbol branco. O Bernabeu espera que Sahin se una a dupla e fabrique fútbol de calidade. Quizáis apostar por Granero, quen sabe.


Benzema que se amosou moi participativo e creador de xogo errou no que é o seu principal traballo o remate. Desperdiciou varias ocasión crarísimas. Si se mostrara tan acertado como na pretempada seguro que outro galo cantaría co resultado.

Cristiano que anda moi lonxe da súa mellor forma, sigue a obcecarse a chupar e chupar e buscar o seu regate o interior para buscar o lanzamento a portería. Provocando que Marcelo que o dobra unha e outra vez en superioridade se desespere vendo como se perden numerosas ocasións de perigo pola banda esquerda polo individualismo do crack portugués.

O público mostrouse moi animoso co equipo durante todo o partido. Pero notase o cariño que ten pola canteira xa que a entrada de Callejón no campo tivo unha gran ovación, quizais a máis grande da noite xunta con cando sonou o nome de Mou pola megafonía.

Non fomos quen de gañar a un Barcelona que anda lonxe do seu mellor momento e aínda en preparación. Podemos decir que o domingo foi a sorte, pero para próximos enfrontamentos debemos mellorar. Moito traballo para o Mou team se quere levarse os grandes títulos ante os de Pep. O mércores un novo asalto.




Outros artículos :


The End.

Rarezas do último clásico.

E na etiqueta Real Madrid os últimos sobre o clube.

No hay comentarios:

Publicar un comentario