jueves, 1 de abril de 2021

Pandullasos de xoves santo.

 Pois hoxe saíron dúas novas importantes en materia Real Madrid, polo tanto vamos deixar unha pequena reflexión sobre os tema eleccións e sobre o tema Ramos.



Tema eleccións por estes lares somos do pensamento que debe ter oposición Florentino, pensamos que é o presidente adecuado pero que se está deixando ir un pouco e que apareza oposición pode ser bo, non sabemos si o tal Riquelme se presentará ou como é pero opinamos que sería bo que entrara no xogo. En tódolos ambitos necesitase unha oposición forte e responsable. Atopar unha oposición constructiva que non é fácil, normalmente neste país as oposicións son bastante destructivas, é positivo. Si eres intelixente pódenche aportar boas ideas que a ti, nin aos teus non se che veñen a cachola, máis se cabe se tes un equipo que che fai a pelota en vez de aportar ideas novas e diferentes, a xunta directiva de Flo da a impresión de ser un pouco vella para aportar ideas novas, pero igual vivimos enganados, e incluso a xente da T4  pois aportan ideas que non vemos. 

Sería malísimo para o club que o presidente renove unha e outra vez sen máis, sen oposición, xa que sen querer acomodas e sínteste invencible, fagas o que fagas, un ser superior como dicía algún.  A relaxación nunca é boa. Seguir a xente de ideas totalmente distintas con capacidade de argumentar e debatir é positivo, percíbese moito mellor a realidade como sempre dicimos. 

Que gañe Flo pero que teña un bo rival que nos obrigue a mellorar.

Tema Ramos, se un capitán que supuestamente quere renovar a un prezo descomunal para a súa idade, vai e demostra que en vez de prepararse para o momento chave da tempada, despois de vir dunha lesión, prefire irse a batir records polo mundo, pois demostra que lle importa máis o seu ego que o club que lle paga. 

Sabemos que é moi importante pero ten 35 tacos e cada vez vai ir a peor o tema, son moitos km nas perniñas, se non lle  das  prioridade aínda por encima o que che paga , pois queda todo moi claro. Sabemos o que supón para nos, pero si lle pagas como crack para que che falte nos grandes partidos por pintar a mona, pois porta. O mesmo que lle facía a Hazard ollo, pero claro o belga falta moito que amortizar por desgraza.

A xente anda moi encendida co tema, vexo ao madridismo que coñezo dándolle porta hoxe. Aquí apúntamos nesa corrente tamén, chegou o momento de trocar moitas cousas. Sabemos que o Churu de IQ fora do campo non vai moi ben. Fora do Madrid fai moito frio.

Como dicía Arbeloa" Ojalá algún día todos sepan que lo más importante es el Real Madrid y que lo que digan de ti da un poco igual. Lo importante es dejarte la vida por este club que nos ha dado tanto. Los futbolistas estamos siempre en deuda con el Real Madrid . Me hace gracia cuando oigo a ex-futbolistas quejarse : " Con todo lo que hemos hecho por el Real Madrid y ahora tal". Perdona. Es el Real Madrid el que ha hecho mucho por ti. Por mucho que tú hayas hecho por el club, es siempre superior lo que el club ha hecho por ti. Eso seguro."

Pd. : A "tourné" de Mino polo noruego non mola nada.

Anteriormente:

Chuvia de nomes.

Dimisión ou despido.

RT derby clásico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario