lunes, 5 de abril de 2021

Damos os nomes.

 Fai case un mes despois de publicar o artigo mollámonos cos nomes, os lectores pedían que comentáramos cal debía ser o plantel do Madrid e hoxe vamos a cumplirlles o gusto. De feito mellor hoxe ca dentro dunha semana que se nos marcamos un Solari que é o máis probable, igual chimpamos a todos.



Unha cousa é o que realmente queiramos e outro moi distinta o que pensamos que o club pode permitirse en plena pandemia, así que alá vamos. De todas formas creo que vamos a deixar máis de un plantel. Ademais non é o mesmo si está Zizou, Raúl ou Nagels por exemplo.

Primeiro vai a opción low-cost con solo un fichaxe tocho e outro que chegaría libre.

Para a portería : Courtois e Lunin e de terceiro porteiro calquera xa que na canteira son todos bastante malos, os Altube, Toni ou Luís, non dan o nivel.

Na defensa pois largaba a Odriozola, Marcelo e o máis doloroso a Ramos, tanto xogar co Madrid tocounos o orgullo, se non somos preferencia pois iso a buscar piso.

Quedamos con Militao, Nacho, Varane, Carvajal, Mendy,  subimos a Chust, a Santos ou Marvin para facer de Lucas aínda que os dous son bastante malos pero para telos en plantel, total si fai falta un día un lateral esquerdo pois xogaría Nacho ou Mendy, porque tamén colleríamos a Alaba que tampouco convence pero si vamos a largar a Ramos é o máis fichable e cubre  tres postos, central, lateral e medio. Si ven con esixencia de xogar de medio pois que colla o mesmo camiño ca Ramos que para iso o mandamos polo mundo. Molaría fichar a Koundé pero vaisenos do presuposto, e Pau Torres non convence de todo para o prezo que ten e non queremos gastar moito. Ramos vai ser insustituible e sinceramente do que hai no mercado vexo a Koundé con carisma futuro para sustituilo, Pau Torres ten cousas pero non vai ser Ramos nin en soños. 

Para o medio pois Kroos, Modric, Casemiro, Fede, Odegaard e subiríamos a Blanco e Arribas, incluso Alaba como opción no centro. Prescindimos de Isco.

Para arriba Rodrygo, Vinicius, Brahim, Arribas que tamén podería xogar aquí ao igual que Marvin, Kubo si as prazas extra o permiten, con Karim, Duro e Haaland coma fichaxe estrela, si derá para Mbappé sería moito conto. Cargarnos a Jovic, Lucas, Mariano, Asensio e Hazard sería o noso. Claro dirá a xente temos incluso peor equipo, pois posiblemente pero é que miragres económicas non se poden facer. Solo o noruego vaisenos a 150 kilos.

Nas saídas pois Ramos gratis, Odriozola coma moito 15 kilos, Marcelo gratis ou incluso pagarlle parte da ficha, caso parecido con Isco e Bale que igual nos salen do lombo. Lucas tamén se iría gratis. Por Asensio contaría sacar uns 40 kilos, por Mariano uns 10 kilos. Tema Hazard, actualmente é un lastre  non nos vale, económicamente pois igual 20 kilos sácalos pero claro falta moito por amortizar co cal serían unhas perdas duns 40 ou 60 kilos non sei o que falta por amortizar, polo tanto non vai saír.

Dos cedidos por Ceballos uns 25 kilos, Vallejo pois uns 5 kilos, Mayoral uns 15 kilos, Jovic uns 30 kilos, e polo resto de mirlos que eliminemos pois uns 10-20 kilos, con este panorama que pensades vos que imos a fichar miña xentiña. Outra opción sería colocar a Jovic e Reinier na operación do noruego. 

O plantel que debería ter o Madrid e sen tolear debería ser este, con xente da casa:

Tibú e Lunin na portería.

Con Hakimi, Carvajal, Reguilón, Mendy, Varane, Ramos, Nacho, Militao, así incluso igual quedaba con Ramos, senón sería Chust o seu sustituto e Koundé ou Torres coma dixen se tivéramos  cartos.

No medio pois a mítica MCK con Fede, Ode e Llorente que nunca debeu marchar, aquí sempre o vimos moi polivalente, non tanto coma amosou, nin tan válido tan arriba.

E para arriba pois serían Vini, Rodry, Brahim, Hazard, Karim, Mayoral  e Mbappé ou Haaland. Arribas poñémolo de medio ou arriba coma queirades. E Hazard queda porque non podemos chimpalo.

Si queda Zizou, trocan as vendas xa que Odegaard serían uns 50 kilos e Brahim uns 25 kilos. E válenlle tódolos vellos.

Tibú e Lunin. 

A defensa pois un lateral dereito francés que el atoparía ou Pedro Porro que din que o están a seguir, e o resto seguirían, excepto o troco de Chust por Militao que serían uns 25 kilos e conseguinte pérdida por non amortizalo. É dicir Ramos, Marcelo, Varane, Nacho .....

No medio a MCK con Fede e outro medio posiblemente francés, Pogba, Camavinga ou Aouar, ademais de Alaba como polivalente.

Arriba pois Mbappé, Karim, Hazard, Lucas, Asensio, Vinicius, Rodrygo, non creo que difira moito o equipo.

Se o adestrador é Raúl , pois algo parecido ao que dicimos aquí con moitos chavales no plantel pero sobre todo Chust, Gutiérrez, Blanco e Arribas terían unha opción.

Sinceramente é difícil facer un plantel  dende aquí sen saber dos cartos que dispoñemos, amortizacións, se hai que pagar porque salgan xogadores, límite salarial..... pero Koundé e Haaland parécennos que deberían ser as pedras básicas dun novo proxecto e deixar saír lastre e xente histórica. Entre Haaland e Mbappé aquí apostamos polo noruego. No seu día dixemos que aínda que éramos máis de Kaká, o que necesitaba o proxecto era a Cristiano. Pois con Haaland e Mbappé a día de hoxe pasa o mesmo, e para os dous non da o tema.

Un lateral dereito suplente é moi necesario, visto o historial de lesións de Carvajal e que nin Santos, Guillem ou Marvin dan o nivel, pero é que despois do de Odriozola non vemos ningún no mercado, aceptamos recomendacións. Si nos parece que Miguel Gutiérrez pode ter nivel Real Madrid, coma os Blanco, Arribas. Duro ou Morante tamén teñen opcións ao igual que Peter Federico.

Non somos nin parabólicos, nin panenkitos e xogar no Real Madrid non é o mesmo que xogar nun club modesto, Odri, Illarra, Jovic.... coma exemplos. Agora que opine a xente. Pajiplantillear mola pero crear unha plantilla coma a da duodécima é imposible. Pero un modelo Bayern é posible, os alemáns fichan incluso en segunda inglesa.

Anteriormente:

Mollámonos cos nomes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario