martes, 9 de marzo de 2021

Mollámonos cos nomes.

 Pois hoxe toca escribir e vámolo facer mollándonos con xogadores a ver que sae. Aínda que todo é moi relativo xa que hai xogadores que nos gustan e non gustan a Zizou, algo que da a impresión que pasa entre o técnico e a directiva. Tamén pensamos que a marcha de xogadores cedidos no mercado de inverno foi froito do tema de que como ZZ non os poñía moito e querían saír pois así alixeiraban carga de salarios poñendo en perigo a tempada como se veu cando se lesionou medio equipo, outra cousa é que o mister os fora a utilizar. Temos a convinción de que os xogadores ou venda ou que se queden, nada de cesións desastrosas como estamos a facer. Sen gastar e con gañas tamén poderíamos ter un planel algo mellor. Agora no verán e co Laportismo de volta cun dobrete quen o diría de Ronald, o Madrid vai ter que gastar en pezas que quizais xa tiñan e tirar a casa pola fiestra




Courtois: A súa chegada no seu día pareceunos un fichaxe claro e co tempo veuse que foi un gran fichaxe, ningunha dúbida con Tibú, sabíamos que debía tumbar a Keylor.

Lunin: Parécenos un gran porteiro, aínda que o día da Copa mostrouse algo dubidativo é normal pola falla de minutos, creo que ningún porteiro suplente xogou tan pouco con Zizou, da a impresión. Problema un porteiro xoven debe xogar para facerse, pero vas a ter a Lunin cedido e pagar por un Areola de turno, difícil solución ao tema.

Carvajal: Non hai dúbidas sobre el, solo o tema das lesións, necesita un suplente de garantías si ou si porque vaise perder a metade dos partidos, recordemos que xa se lesionou en varias finais de Champions por exemplo e as veces que caeu esta tempada.

Odriozola: Pois parecíanos no seu día un fichaxe espectácular, solo nos ofrecía dúbidas o tema de Hakimi que se ía cedido e nos parecía o futuro para o lateral tamén. Finalmente foi un fracaso total o seu fichaxe, un Illarra 2.0 o que nos fai pensar que fichar a Real non nos resulta. Venta segura e a perder o minimo de cartos posible, nos tamén picaríamos co seu fichaxe.

Sergio Ramos: É o noso capitán e sería bo renovalo, pero non a calquer prezo nen a calquera condición, si acepta o que lle ofrezan ben, senón pois que busque nova cidade. Ten unha idade e as lesións irán a máis e o físico a menos, cuestión de prioridades para uns e outros.

Varane: Pois non nos gustaría que marchase, habería que renovalo porque remata contrato no 22 pero claro estamos nunha difícil tesitura con el se non renova, vendelo ou aguantalo un ano para que se vaía libre, pois a situación de Ramos e posibles fichaxes van ser chave.

Nacho: Sinceramente non fai tanto tíñamos moitas dúbidas de que Nacho debese seguir, había que limpar algo o vestiario e parecía Nacho propicio. Pero visto como está o tema dos contratos atrás e máis sendo cupo canteirán, debe seguir pensamos. Non está facendo mal sustituindo en defensa e a pesares da cagada do outro día debería seguir, versátil pode axudar en varios postos.

Militao: Aquí témoslle moita fé a Militao, pero Zidane non lle ten ningunha. Non é capaz de xogar catro partidos seguidos e cando as lesións o podían axudar a coller minutos, vai e cae el tamén. Se o próximo mister, sexa Zidane ou quen sexa non o vai utilizar moito debemos vendelo, ter xogadores co seu prezo e sendo extra de recheo non nos convén.

Mendy: Ningunha dúbida co francés aquí, debe seguir. O seu físico nun equipo tan cheo de tractores xa é un requisito para que siga.

Marcelo: O seu tempo aquí rematou, xogador histórico que non debe seguir, lastra moito ao equipo cando xoga.

Kroos: Pois Toni debe seguir, pero non pode xogalo todo, hai que darlle algún descanso de vez en cando.

Modric: Pois con Lukita aquí non somos moi obxectivos, renovación a baixa e ano a ano, que vai na idade. Outro que ten que descansar moito máis.

Casemiro: Pois Case ten que seguir tamén, e tamén descansar máis. 

Valverde: Outro dos que queremos moito aquí, debe seguir e xogar moito máis, o seu físico debe ser máis importante no equipo. Dende o confinamento xogou moito menos, non sabemos as razóns.

Isco: Cando foi o tema con Solari, éramos dos que decíamos que non había que vendelo, que era un xogador que se podía recuperar, vaia erro o noso, a de cartos que perdemos por non vendelo antes. Témolo cruzado xa.

Hazard: Parecía un fichaxe dos que había que facer, de feito pedímolo xa un ano antes, total para a pila de cartos que pagamos por el aínda faltándolle solo un ano de contrato. Pero fixo bo a Kaká que xa é dicir. Hai que intentar vendelo e perder o menos posible, creo que lle gusta traballar menos co "santo" que xa é dicir. Si picara alguén a un prezo razoable ben, senón teremos que comelo con patacas.

Benzema: Quen o diría fai anos, Karim tirando do carro, nada que obxectar con el, debe seguir.

Asensio: Fomos moi de Asensio, pero perdemos a paciencia con el. Venta segura, non arrisca nada, parece un funcionario no campo, doenos moito pero non debería seguir.

Lucas Vázquez: Pois con Lucas o que pasa é que solo lle vemos futuro coma xogador de emerxencias, tanto para lateral coma para o medio. E parece que quere cobrar coma titular, coma xogador de emerxencias vale, para titular ou suplente top, non, ademais se sigue ZZ vai xogar moito e medo nos da. É cupo canteirán, a calquer prezo non se pode renovar, debería ser baratiño máis ben.

Vini: Temoslle fé a Vini, de sempre, necesita cinco partidos seguidos, ten cabeza de élite o que non sabemos e si ten os pés. Moitas dúbidas con el, pero por nos debe seguir o que pasa é que perdeu moita soltura, pensamos que ZZ non lle axudou moito e o xogo dos nosos tractores tampouco, necesita un equipo con máis ritmo. Canto fai que non facemos unha contra con xeito.

Mariano: Como nos enganou, outro do que sempre fomos fans, pero nada entre lesións e que cos pés vai xustiño, non nolo quedaríamos. O seu papel debería ser o de terceiro dianteiro pero cobra coma titular e non pode ser.

Rodrygo: Rodry gústanos moito, ten cousas moi boas, parécenos que debe seguir, ten gol, ten bo pé.

Agora toca falar de outros nomes, ou que están vinculados con nos vía cesión, ou que o estiveron. De quen escolle os equipos onde cedemos a xente tamén deberíamos falar porque non da unha, ningún xogador dos nosos a está rompendo, igual non son tan bos como pensamos.

Odegaard: Pois gústanos moito o noruego, pero claro a Zizou parece que non tanto. Se segue o francés parece claro que hai que vendelo para non utilizalo pois se o pagan ben, se ven outro técnico non ten que seguir. A súa marcha en xaneiro deixounos moitas dúbidas, se foi porque a directiva quería alixeirar salarios e por iso o deixou ir tan fácil, ou se non quixo loitar o noruego. Para xogar no Madrid hai que loitar tamén, por exemplo Marcelo tivo que loitar moito para facerse un sitio.

Jovic: Venta segura, que o faga o mellor posible e sacar o máximo por el, non queda outra. Aínda que o noso xogo non lle axuda, non pensamos que sexa xogador para o Madrid, podía estar axudando aquí pero o tema dos salarios pensamos que foi chave.

Bale: Que o faga moi ben e a ver se somos capaces de sacalo de aquí. O día da chilena en Kiev había que vendelo pero non teñen nin idea.

Ceballos: Si chegara un novo mister víalle sitio aquí gústanos moito, como siga ZZ hai que vendelo non máis cesións.

Vallejo: Hai que vendelo, non nos vale.

Brahim: Por estos lares gústanos moito, debería estar con nos, ten desborde e gol, ou o traemos ou venta, nada de cesións.

Kubo: Pois,  tamén nos gusta, pero non hai sitio para todos, ademais é extra. Ao ser xapo e co que vende non creo que Flo se queira desfacer del, ademais seguro que lle fai ilusión telo no primeiro equipo, a ver porque non está funcionando moito nas cesións.

Reinier: O que o mandou a Alemaña pode durmir ben tranquilo, a quen se lle ocurre mandalo a loitar un posto alí e co Terminator noruego. Parece máis segundo punta ca mediapunta, o rapaz ten gol. Era cesión ou a unha liga menor ou a un equipo español. Creo que nos podía axudar máis ca Jovic e Mariano con eso digo todo, pero é extra e ten falta de minutos, en principio quédalle outro ano alí, mal llo vexo.

Mayoral: En principio a cesión que mellor está saíndo. Era do gusto de ZZ, se por el fora quedaba antes cos dianteiros que quedaron, pero como non foron quen de colocalos pois foise. Faltalle algo de físico pero a bo seguro que axudaría no plantel. Quédalle outro ano de cesión, pois dependendo do que traiamos é venta ou non.

Agora algún ex ou xogadores dos que temos opción de repesca, dos que nos poñen moito na faciana cando falan nas tertulias.

Reguilón: Incrible que non o teñamos no plantel e si Marcelo, sinto moito pero é inconcebible. A súa irrupción foi sorpresiva porque non o coñecía de inferiores pero era un xogador que tiña sitio, entre a pandemia, os cartos e ZZ fixeron que non o teñamos, unha pena.

Hakimi: Situación parecida a do anterior, pero con Hakimi o que pasa é que todo parecía pensar que chegaría ao primeiro equipo. Xogador que pode xogar en dereita, esquerda e incluso un pouco máis adiantado. Os cartos foron a chave supoño. Aínda que se desenvolve mellor en defensas de cinco, mellor ca Lucas, Odriozola e Marcelo penso que o faría, non quedar con Hakimi ou Regui, un deles polo menos non se entende. Unha cousa é o contexto Covid outra tirar con productos interesantes. Por iso moitas veces digo que si que estamos en crise Covid hai que pagar as nóminas, non pedir ERE´s coma outros pero hai que buscar solucións que non deixen o plantel feito un raposo, desfacerse de xuventude de calidade ten estas cousas.

Llorente: Vamos a ser sinceros, non pensamos que Llorente dera no xogador que dou, pero sempre gustou por aquí. Como suplente de Case, valía ben. Moi diferente xa que quería abarcar demasiado baseandose no físico e iso facíalle perder o sitio. Cun dobre pivote víamolo perfecto, e claro o Cholo descubriuno. Outro que non lle entraba polos ollos a ZZ, que o poñía incluso de central, pois mira para outro apaño valía tamén. Foron 40 kilos creo pero coma en outros casos, había xogadores para vender antes o caso é que ao francés non lle valían. Unha pena.

Theo: Pois ultimamente vense falando moito del, que non tivo moitas oportunidades, que logo o chimpamos, que no Milán estase saindo. Pois cando chegou parecía un gran fichaxe. Fixo unha tempada bastante mala. Apareceunos Regui e Hakimi tamén podería xogar ahí. Ademais non o viamos no lateral, quizais coma central ou en defensa de cinco. Con todos non se pode quedar, pero había que quedar con algún.

Por hoxe xa chegou, un saudiño.

Anteriormente:

Derby clásico.

Dimisión ou despido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario