jueves, 21 de enero de 2021

Dimisión ou despido.

 A fatídica noite de onte debería rematar en dimisión ou despido do adestrador. Todos sabemos que non vai pasar nada diso pero por coherencia quizais sería o que pasaría en calquer outro momento.



 Dimisión porque Zidane é un tío integro e cando como xogador viu que non daba o seu nivel xa, marchou renunciando a un ano de contrato e coma adestrador cando viu que non podía cos raparigos tamén se foi, aínda que aquí pensamos que contaba con coller a sele francesa. 

Despido porque foi o que lle fixeron a Lopetegui cando se lle foi o conto das mans como parece ser agora. Hai que dicir que a Manolo non o chimparon despois do ridículo en Alcorcón. E non digo polo ridículo do primeiro partido, senón polo ridículo de saír cun cento de medios defensivos no Bernabéu nun partido que podía remontar pero renunciou. Algo así fixo onte Zidane que solo fixo un cambio no partido cando quedaba claro que algo non funcionaba, e puxo a quentar a xente na prórroga, vergonzoso.

Sinceramente onte os xogadores, adestrador e club non mediron as consecuencias do partido. Non se dan conta que era un partido en aberto que por fin podían ver moitos madridistas e nenos que non teñen opción de facelo habitualmente. Non mediron que estamos no medio dunha pandemia e o que necesita esa xente é unha ilusión, a posibilidade de ver ao seu Madrid no sofá quentiños, pensando que hai algo que pode ir ben na súa vida.

Os que vemos habitualmente ao Madrid vemos que é depresivo, onte viuno todo o mundo. Que a Copa era o único título fáctible que nos quedaba despois do da Supercopa. 

Non saben no club o dano e o ruido que fan partidos coma o de onte. Dinche que seguimos gañando cousas e que hai que seguir, que non sei cantos nominados para o balón de ouro e cousas desas. Non se dan conta de que o proxecto leva anos esgotado. Aínda recordo cando Zizou dixo  o día que voltou vamos a trocar cousas.

O partido de onte finiquitou a Zidane para a maior parte do madridismo e iso conleva que Flo quedou sen o seu escudo. Vai saír a apoialo o presi ou vai seguir deixando solo contra todo. Vai saír a explicarnos cal é o proxecto, si apostar por chavales, si fichar contrastados, si estamos deixando a vida surxir e que pase o Covid, que nos expliquen algo que xa somos grandiños e entenderíamos o que nos digan. É difícil ser optimista co Madrid, a etapa Zizou terminou da peor forma posible. Porque cando dis que marchas, xa marchastes, e Zizou trasmite que xa marchou. 

Zidane é demasiado bo co club tamén igual tiña que cagarse en todo e dicir que non lle trouxeron nada do que pedío.

E que non me culpen a todos os  suplentes por igual, non podemos tratar igual a Isco e Marcelo que a Militao por favor, hai casos e casos. Poñes todos xuntos a tíos que non xogan dende non sei fai canto, con confianza cero porque os levas marcando ca cruz dende o primeiro día, non lle pidas miragres. E máis si son xóvenes. Todos vemos que Vini vai cada día a peor, un tío que tiña unha confianza cega, algo se está a facer mal. Hai unha parte do plantel en crise de confianza total porque saben que o mister non cre neles e moitos non teñen a personalidade para revertilo que iso tamén é ser xogador do Madrid, non rendirse. Pero recordemos que se rematou o partido con Hazard, Karim, Kroos, Case, Asensio e Lucas no campo, non son suplentes por certo.

Os Odegaard, Lunin, Militao, Vinicius, Brahim...co seu nivel actual non dan para o Madrid, pero quen é o culpable do seu nivel actual, e claro se queres construir algo tes que eliminar a esixencia de gañar, pero iso non é o Real Madrid.

Pero aquí hai culpas para todos, dende o club pensan que non fai falta adestrador, solo alguén que controle o plantel e que os poña a xogar, problema do club e dos siareiros. Estamos outra vez no 2009. O que quere o Real Madrid non é tan solo o que di amén a todo o que fas, que sube o ego pero aporta pouco, tamén é o que che obriga a melloralo, a coidalo, que che obriga a que deas todo e queiras gañalo todo.

As decisións recentes do club falánnos dun equipo carente de lóxica deportiva, dando tumbos a nivel proxecto, cuns directivos e un mister que van en sentido oposto e no medio uns xogadores nos que algúns están desaproveitados ou infrautilizados.

A planificación é un desastre, fichas a uns cuantos por un pastón e pasa,  Jovic e acaba cedido de onde ven, Ody vai polo mesmo camiño, Militao de último central, Odriozola cedelo volvelo repescar e vai volver saír. Regui e Hakimi polo mundo pero quedas con Marcelo e o mesmo Odriozola co que non contas. Cedes a xogadores a equipos onde non xogan ou é que non dan o nivel?  Vini e Rodry son mellores no mesmo perfil que xoga o teu fichaxe estrela dos últimos anos. A quen temos ao mando a Gaspart. E sen aproveitar que o Barça está en crise económica e deportiva, somos unha risa.

Realmente arriba creen no proxecto dos xóvenes? Zizou está superado pero igual os fichaxes non foron tan bos como pensan, e culpo máis a cúpula que a Zidane. 

Invertimos unha porrada de millons en chavalada para que os primeiros trocos sexan Mariano, Nacho e Lucas, non me cabe na cabeza. Lunin 8,5M€ +Odriozola 30 +Militao 50 +Rodrygo 45 +Vinicius 45 +Reinier 30 + Mariano 20 +Jovic 62 = 290,5M€

E como dixen tamén hai para os xogadores, cando se viste un a camisola do Madrid hai que darse de conta do que se leva. Non pode ser que o fichaxe estrela chegue gordo coma un pipote, que un xogador queira comparse a Modric en dous días, e hai que poder ca presión. Cristiano era un profesional intachable sendo o mellor con diferencia, esas cousas importan e marcan.

O peor é que xa nada nos sorprende e aquí estamos esperando a un equipo de Bergamo que nos vai pasar por encima. 

P.d. : Teñen moita sorte que non hai xente no Bernabéu que quizais todo saltara antes polos aires. Pero que cada pau que aguante a súa vela, que ten culpa máis xente ca Zidane.

Como di Jabois " A derrota está mellor escrita que a vitoria, e a literatura solo é arte cando o final non é feliz, os finales felices son a precuela de algo que o autor nos aforrou ler".

Anteriormente:

A cachola de Zizou.

Adiantamos o toque de queda.

O enigma ZZ.




No hay comentarios:

Publicar un comentario