lunes, 19 de abril de 2021

Mini-Superpandullasos.

 A mañá quedou moi Laportista, ten o dobrete a tiro e por arte de maxia Florentino ca Superliga vai salvar as contas do Barça quen o ia dicir, vai ser o novo Franco para os culés, xa o dicía Peces Barba



No seu día, xa fixemos un resume dos tuister stars sobre a SuperLiga, sinceramente temos sensacións raras sobre este tema. 

Por un lado gusta ver tolear os que mandan na Liga local e a moitos siareiros que nos desprecían día si, día tamén, pero que no fondo saben que somos parte do sustento. Tamén sabemos que a nosa competición preferida é a Euroliga e a SuperLiga ten pinta de ser unha especie de Euroliga. Todos sabemos que é moi bonito dicir que Florentino é a mafia do fútbol e todo iso, cada un cre o que quere, a cousa é investigar e ler moitos sitios, aquí deixamos onde investigar.

Pero eliminar a meritocracia das competicións por inxustas e maleadas que sexan non é bo, o deporte non deixa de ser competición e hai días que toca perder, outros gañar, baixar, subir.... por moito que ao Madrid lle conveña é parte do espectáculo, aínda que sinceramente da moita pereza e é moi difícil ver un Madrid vs Xetafe por exemplo. Moitas veces case é preferible ver ao Compos, ou partidos de outras ligas menores. De feito esta época Covid foi unha época de consumo para un servidor de deporte en aberto, partidos en redes sociais, en RMTV ou na Tvg2, moito deporte minoritario, polo tanto non todo é SuperLiga, non creo que fora habitual.

O que non me poden vir é con que mata a esencia do fútbol, eso xa fai tempo que está morto, o tema é cousa de cartos como case todo nesta vida. Hai máis partidos e competicións que xa non da máis. Ligas con demasiados equipos e miles de partidos intrascendentes e que xa aburren. 

Outro día con máis tempo a ver se nos da para falar máis sobre o tema. Pero principalmente vai de cargarse a institucións mafiosas do fútbol que se fan de ouro trincando por todos lados, xa ti sabes, intermediarios.

Aquí somos máis de Arliña ou Conco  que de ver un partido na Tv, pero moitos dos que critican a Superliga, matan a Arliña e o Conco.

Un último apunte de onte, tíñamos moitas baixas pero non me cabe na cachola que sabendo iso, non descansaran os xogadores do Castilla o sábado ou polo menos un par deles, ou para que están os filiais. Por certo no Castilla había tan solo 17 xogadores na convocatoria tamén, algo está a fallar. Por certo onte xa non quixeron falar tanto do VAR. O dito o dobrete en bandexa.

Anteriormente:

Damos os nomes.

Superliga e relato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario