domingo, 25 de octubre de 2020

O Clásico estado de alarma.

 Coma case sempre o Clásico dalle un respiro a uns e a outros poñeos outra vez en crise, algo que pode cambiar o martes por exemplo cando os brancos visiten terras alemanas, falaremos un pouco de fútbol e un pouco da polémica que lles interesa a prensa que domina o estado a de alá arriba. Vimos a romper un pouco a burbulla de felicidade.



Que ningún siareiro branco se confunda despois do triunfo do sábado, seguimos igual de mal que o xoves pola mañán despois de pinchar cos ucraínos e cas mesmas deficiencias o que pasa como xa apuntábamos o Barça non está moito mellor ca nos, podemos pelexar os títulos nacionais pero para Europa non nos da. Se nos colle o Barça de Pep ou os collemos nos o segundo ano de Mou a goleada sería de escándalo, ou se o Bayern colle a calquera dos dous.

Foi un partido de pouco ritmo, moi lonxe da velocidade dos equipos que dominan polo continente algo que veremos o martes en Alemaña onde as vamos a pasar canutas e máis se salen desconcentrados. A suma de erros dos dous equipos fixo que o partido fose máis ou menos divertido e con emoción, pero emoción a base de desacertos non nos equivoquemos.

O Madrid veulle ben o resultado polo anímico, pero teñen que ser conscientes que a maioría dos equipos nin lle xogan así, nin están así fisicamente e por suposto traballan moito máis, ollo ao piollo. Necesitamos o once tipo, concentración e traballo, ofensivamente non temos moito por eso necesitamos solidez atrás. Non temos equipo para moita rotación, e tampouco para competir Europa polo tanto igual si caemos para a Liga vennos mellor. 

Pero non todo é malo, confirmouse a importancia de que xoguen Tibú, o Churú, Fede, Mendy xogadores que si están ao nivel e que complementan e fan mellores aos outros. Mención tamén para Lucas que fixo un partidazo, como sempre dixemos quizais  de lateral si ten sitio no club, máis arriba non.

Agora vamos ca dose de polémica. Hoxe non toca falar de canteira vs carteira, dos millóns que deixaron os culés no banco e todo ese esterco mediático. Como os de alá arriba controlan a maioría dos medios pois claro fálase do que eles queren, solo hai que comprobar quen controla os medios e de onde son ou de que equipo son forofos e listo, central leiteira decía o susodito, vaia risas, non solo culés que os hai, tamén moito do equipo que xurdiu do dos avións, vos xa sabedes. Como di Chamartin4ever :

Hai tres clases de actitudes dos periodistas deportivos:

- Os cegos que non se enteran. Unintended blindness.

- Os cegos que non queren ver. Wilful blindnes.

-Os que blanquean expresamente a corrupción. Corrupting interpreter.

Ves os resumos oficiais e forma parte do relato do partido, non se pode prescindir de certas imaxes pero fano semana a semana, unha pena non transmitir ao receptor a realidade das cousas. Pero claro roubaronnos tanto nos últimos anos nas competicións nacionais que cando se pita dunha forma xusta ármase esto, sobre todo dende que non controla o VAR o que dixo que beneficíou aos cules en todo o que puido. Gañamos 4/5  Champions pero solo unha liga e todo parecía normal. É como cando o latifundista  move o marco unha e outra vez ao seu favor porque ten os peritos e o poder  comprados, cando troca a lei e chega un perito xusto que vai polo libro, cabrease porque xa non pode roubarlle aos señoriños, manda truco.

O VAR ten moitas cousas mellorables, pero que acerte non creo que sexa unha delas. Como dixo Lukita no seu día: " Fálase moito do VAR e parace que nos está axudando pero non é así. O VAR chegou para facer o fútbol máis xusto. Critícase o acerto do VAR e iso é o que non entendemos. Antes do VAR decíase que o Madrid gañaba porque non había VAR."

Como dixo hechi9248 no seu día, o xefe de comunicación do RM debe informar de tódalas accións polémicas ao xogador que sexa entrevistado a pé de campo. O xogador debe tomar a iniciativa e mencionar as que sempre se comen ao noso favor, desas nunca preguntan , non vende. Por exemplo o penal de Lenglet a Ramos na primeira metade ou porque non lle puxo a segunda no penal pitado, algunha que outra liga que perdemos por situacións ao revés ademais dos nosos erros.

Por certo a última vez que lle pitaran un penalti en liga a favor ao Real Madrid o señor Ansu Fati tiña tres anos creo, curioso dato, van vos de mover o marco. De feito en 1992 Michel, 2007 Van Gol, 2020 Ramos, facede contiñas e recordade algún incluso na primeira metade, o ano pasado uns cuantos do mesmo francés ....., o relato.

Como escribiu Hughes no seu día: " ...Non o explicaron e agora terán que explicalo ademais, outra cousa que lles será moi difícil: ¿Porque gaña o Madrid cando se incorpora por fin un arbitraxe tecnolóxico?¿Porque cando o fútbol é puro sen a intimidación da bancada rival e cando manda a imaxe obxetiva do VAR, o que gaña é o Madrid? Teñen tempo para explicalo, outros cen anos........porque os antimadridistas, que se camuflan moitas veces de periodistas centradiños ou científicos do fútbol, tómano co VAR..por acertar.....Sei o que dirán. Sobre o silencio como moito, un despectivo, fala un madridista.

Anteriormente:

Rt Seguimos para bingo.

Estado de calamidade.

Inicio de tempada.

En xuño escribimos : O relato.




No hay comentarios:

Publicar un comentario