sábado, 10 de octubre de 2020

Inicio de tempada.

 Fin de semana sin fútbol en primeira vamos falar unhas palabras  do comezo do Real Madrid.


Dende estas liñas pensamos que o Real Madrid segue cos mesmos defectos e virtudes ca tempada pasada. Un equipo sólido pero negado de cara o gol. Algo que lle vai valer para competir  a Liga e as competicións nacionais, non digo gañalas pero si competilas,  pero en Europa amigos  xógase a outro ritmo e alí non nos da para competir cos grandes.

E digo competir as nacionais porque non hai que esquencer que por moi mal que rematara o Barça a tempada pasada, non fai tantos anos despois de gañarlles a liga de tunda uns meses depois aparecería Pep e o seu equipo tumbounos e o contrario tamén despois de chimpar a Benítez e co Barça en ebullición con Zizou chegou o mellor Madrid, así que no fútbol hai que traballar cada día.

Queda claro que Zizou é moi cabezudo e ten as súas ideas, que non lle gusta Ceballos ou Regui e por iso non están aquí a pesares de que pinten máis a día de hoxe ca Marcelo ou Isco que viven con pinta de ex xogadores. Tamén a pouca confianza nos xóvenes ou en Jovic, pero Zizou é así, e en ano de Covid era importante o gasto cero e sacar pelas, o club por encima de todo. Aquí tamén somos máis de Brahim ou Kubo  que de Lucas pero claro os rapaces teñen que xogar e os cupos e os pasaportes son importantes. 

Somos conscientes das insuficiencias do plantel e de que hai que ter ollo co Covid. Pero ollo somos o Real Madrid polo tanto estamos na obligación de intentar gañalo todo e loitar por todo. Si o facíamos con Diogo e Pablo García, hai que facelo con Rodrigos e Vinicius. O gol e o mediocampo parecen os nosos puntos fracos, o gol está caro pero non contar con Ceballos pois non nos convence, con dous medios sudamericanos que viaxaran moito e co perigo do Covid, pois moita incertidume, do filial confío en Blanco para o medio, e os defensas Miguel Gutierrez e Pablo Ramón, algo en Arribas e nada no resto. Ano no que todos poden ser importantes se enferma xente ou está en cuarentena.

Os rivais teñen que sentir que vamos ir a por todas, non podemos ter un discurso perdedor, temos que loitar cas nosas armas e darlle confianza a chavalada. O Madrid é iso e os xogadores, adestradores, directiva deben sabelo, non gastamos pero vamos a dalo todo. Pedimos a moita xente baixar o soldo, polo tanto é coherente non gastar, o que non é coherente é baixar os brazos e resegnarse, todo o contrario hai que traballar máis. 

O tempo quitará ou dará razóns coma sempre. A realidade é que gañamos ao Betis e o ano pasado perdemos, gañamos ao Valla e o ano pasado empatamos, gañamos a o Levante e o ano pasado perdemos e empatamos ca Real e o ano pasado gañamos, puntuar puntuamos máis de momento pero as sensacións de debilidade son as mesmas e que estamos nos pes dos de sempre un ano máis vellos.

Conciliar o tema económico e deportivo é chave, si hai que confiar nos rapaces facelo de verdade e listo, sen esquencer o que é representa o Real Madrid. É un orgullo ser un club decente sen ERTES, nen intercambios ficticios de xogadores para tapar e trapichear.


Anteriormente:

Hazard vs Bale.

A tempada do Covid.

A liga do Covid.


No hay comentarios:

Publicar un comentario