lunes, 19 de octubre de 2020

Estado de calamidade.

Esas palabras que definen o punto actual do Covid no país veciño son as mellores para definir o estado actual do Real Madrid e tamén o punto no que se atopan as esperanzas dos siareiros brancos despois do partido do pasado sábado.



Neste blog somos conscientes da situación actual tanto sanitaria, como económica e por tanto apoiamos e vemos coherente o que fixo o club en relación ao gasto, sabedores que lle pediron ao plantel unha rebaixa parecenos normal que non gastaran outra cousa moi diferente é a confección do plantel conscientes tamén dos cupos necesarios para a competición europea.

Temos un equipo envellecido e que perde calidade ano a ano e así o plan de Zizou non pode formalizarse. Zizou foi o primeiro adestrador do Real Madrid que aplicou as miñas tan queridas rotacións, pero claro non é o mesmo aquel equipo B da liga do dobrete ca este de agora. Xa que logo os Marcelo, Isco, Nacho, Lucas .... non dan o nivel para xogar no Real Madrid e non é de agora o ano pasado xa demostraron non dalo. Despois temos xogadores coma Mariano ou Hazard que viven nunha lesión continúa, manda truco que Bale marchase para London lesionado e xogase antes co noso Eden, deixoulle un legado bonito ao belga.

Como ben decimos moitas veces no fútbol de agora é moi importante o ritmo e o físico algo que os Marcelo, Isco, Nacho, Lucas xa non teñen e si os xuntas xa é un espectáculo dantesco. Aínda que realmente os xogadores "modernos" que temos son Mendy, Fede, Case, Ody, Vini, Rodry, Militao  e pouco máis. Despois os Varane, Ramos, os porteiros dan o pego, e algún con calidade pode mesturarse para os seus momentos. Por exemplo Carvajal que leva dous anos fatal pode cumprir pero necesitaba competencia. Despois temos casos coma os de Jovic que ten o físico pero parece que a cachola non lle da.

O que íamos había que vender e desfacernos de pezas, que non me veñan agora con James que xa vimos que para aquí non valía, nin os pes de Isco lle chegou nesta casa, pero ningún dos dous son proveiotosos a esta altura. Que Regui é máis aproveitable que este Marcelo sabeo calquera, o mesmo nos pasa con Ceballos e Isco pero Zizou de cachola é bastante duro todos o sabemos e non todo pode ser economía, gastar non correcto , pero si elexir as pezas. Ademais Regui era cupo club, por exemplo Marcelo e cupo libre, e Ceballos é cupo association o igual ca Isco. De Lucas xa non falamos que si, fixo ben no seu día pero é o que antes se caeu de todos estes e ahí sigue con oportunidades e todo, e por outro lado o pobre de Brahim sen apenas oportunidades. Dos catro magníficos se tiñamos que quedar con algún sería Nacho que polo menos é unha peza que cubre varias posicións pero tamén vai en caída libre os últimos anos.

E claro fomos tirando para diante e incluso gañamos unha liga, pero non hai que ser conscientes que o once titular e algún máis danos para competir aquí nada máis. Por Europa estamos a un tris de que nos pase a do Barça ou peor. De feito co grupo que temos, bastante complicado por certo, non sería raro quedar cuartos ou caer a competición menos sendo terceiro que para min sería bastante peor. Despois temos o clásico de regalo a final de semana, co estado de ambos equipos pode pasar calquer cousa, dun lado ou doutro.


E non creo que sexa tema de actitude como se filtrou, máis ben de físico e aptitude que xa non lles da a moitos para a élite. Se lle xuntamos que Zizou plantexa creo que ben os partidos pero a dirección de campo é bastante lamentable, parece que trae nun "excel" da casa os trocos, aínda que o outro día debeuno de ver todo fatal para facer catro no tempo de lecer. Ou Zizou axuda no táctico ou mal vamos señores.

A partires de hoxe debemos asumir que somos os que somos e hai que darlle sen lamentarnos do que fixemos mal no verán, pero será máis gratificante ver sobre o céspede aos Pablo Ramón, Hugo Duro, Antonio Blanco, Arribas ou Miguel Gutiérrez ca os arriba sinalados.

Estamos bastante parecidos en fútbol e basket na metade dunha pandemia ca necesidade de renovar moitas pezas e co presi Flo poñendo a mirada no novo estadio e no económico, toca reinventarse co que temos pero hai que darlle moi forte e saber ata onde podemos chegar, que non pense ninguén en cotas altas, nen en fichar os chavales franceses se o Covid non troca.

Anteriormente:





En RtuisMadrid:

No hay comentarios:

Publicar un comentario