lunes, 9 de junio de 2014

Trofeo Cidade de Pontevedra.

TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA

RESULTADO : LEIS PONTEVEDRA – FISOBER F.S.F. : 3-1.

LEIS :  María, Gema, Natalia, Adriana e Carmen ; tamén xogaron : Nerea Escudero, Raquel, Nerea, Sara, Tamara, Paola, Pili e Raquel Barreiros.

FISOBER : Raquel, Patri, Ana, Inés e Noelia ; tamén xogou : Laura.


ÁRBITROS : F. Javier Roldán e Xoel Castro , CRONO : Javier Sánchez.

GOLES : 0-0 o descanso . Na segunda metade : 1-0 Adriana, 2-0 Nerea, 2-1 Patri, 3-1 Tamara.

O Fisober foi invitado a disputar o Trofeo Cidade de Pontevedra de fútbol sala feminino e a pesares das baixas de última hora  foi quen de disputar o partido ata os últimos segundos. Enfrontouse o Leis Pontevedra equipo o igual que o Fisober de Segunda División pero do  grupo IV .

As locais dominaron todo o partido e as visitantes tentaban aproveitar algunha contra para poñerse en vantaxe.

Con resultado de empate a cero rematou a primeira metade coa visitante Raquel que tivo que facer as veces de porteira moi inspirada.

No arranque da segunda adiantáronse as locais. Que se puxeron con dous a cero mediada a primeira metade.

A falta de catro minutos para o fin Patri facía o dous a un e deixaba as da Costa a un gol de igualar o partido.

Nos últimos segundos cando máis arriscaban as visitantes as locais fixeron o definitivo tres a un.


No hay comentarios:

Publicar un comentario