lunes, 2 de junio de 2014

Copa Provincial. Fisober B - 5 Coruña. 3-2.

COPA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – BEART 5 CORUÑA : 3-2.

FISOBER B : Paula, Patri, Ana, Paula Fandiño  e Laura ; tamén xogaron : Tamara, Inés, Andrea e Noelia.


5 CORUÑA :  Gema, Elena, Anita  Lago, Sofía, María ; tamén xogaron : Raquel, Aldara, Leni, Gloria e Ana.

ÁRBITRO : Emilio Losada ; CRONO : Gerardo Pájaro.

GOLES : O descanso o resultado era de 0-0. Na segunda metade : 1-0 Patri, 2-0 Patri, 3-0 Inés, 3-1 Sofía, 3-2 Ana.

Partido de ida dos cuartos de final de Copa  Provincial disputado o sábado en Vimianzo. As locais viñan de eliminar A Baña na rolda previa.

Foi un partido moi disputado típico de Copa e que deixa a eliminatoria moi aberta de cara a volta na Coruña onde se espera un partido igual de emocionante , vibrante e igualado que se decidirá por pequenos detalles .

De saída as locais decidiron ter o dominio do balón e as visitantes moi ben colocadas en media pista decidiron esperar para roubar e saír en perigosas contras. Con ese guión  disputouse  a primeira metade na que non se viron demasiadas ocasións.

O inicio da segunda metade todo cambiou, xa que un lanzamento de falta de Patri colouse entre a barreira para facer o un a cero e abrir o marcador. E pouco despois unha moi boa combinación local fixo que de novo Patri rematara para facer o dous a cero.

Eran os mellores minutos das locais e a trece para o fin Inés remata a pracer unha gran xogada das da Costa para o tres a cero.

O adestrador visitante decidiu parar o partido cun tempo morto para frear a sangría e foi man de santo, o   partido trocou de fisionomía e de lado. Xa que case de seguido Sofía , a xogadora natural da Mariña Lucense, facía o tres a un. Agora eran os mellores minutos visitantes, as coruñesas deron un paso adiante e provocaron un partido moito máis aberto e con ocasións en ambos lados.

E de novo  foron as visitantes as que marcaron co tres a dous por medio de Ana a seis para o fin  poñendo a eliminatoria aínda máis apretada.

Nos últimos minutos Inés tivo a mellor ocasión local pero enviou o pau.


En definitiva queda todo aberto para a volta na Coruña. Unha vez finalizado o partido xogadoras de ambos equipos desprazáronse A Coruña para disfrutar o ascenso do Depor.

Imaxes de David Castro no partido de Liga desputado en Xaneiro.

Visión 5 Coruña.

Noutros partidos de Copa os resultados foron :

Espartanas - Estradense.2-3.

No hay comentarios:

Publicar un comentario