lunes, 16 de junio de 2014

Copa Provincial. Fisober B - Fervenza B. 2-2.

COPA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – A FERVENZA B : 2-2

FISOBER B : Paula, Patri, Tamara, Inés e Laura ; tamén xogou Paula Fandiño.


FERVENZA B : Carla , Andrea de Paz, Andrea Rodríguez, Estefanía e Raquel ; tamén xogaron : María , Alejandra e Natalia.

ÁRBITRO: Jorge Fernández , CRONO : Alejandro López.

GOLES : 1-0 Tamara, 2-0 Inés ( descanso ) 2-1 Andrea de Paz, 2-2 Andrea de Paz.

Partido de ida das semifinais da Copa Provincial disputado este domingo en Vimianzo.

O pase a Final de Copa dilucidarase a próxima semana en Narón despois do igualado e entretido  encontro de ida. As da Costa acudiron o partido coa praga de baixas que as asola, con tan solo un cambio e con Paula Fandiño con molestias no nocello.

Saían os dous equipos temerosos conscientes de que todo se decidirá na volta pero que os erros na ida podían hipotecar a semifinal.

As primeiras en golpear foron as locais , cun tiro cruzado de Patri despois dun saque de esquina que aproveitou Tamara no segundo pau para facer o un a cero os cinco minutos.

E solo dous minutos despois Inés facía o segundo gol local cun lanzamento cruzado.

O adestrador visitante pediu tempo morto para tranquilizar as súas. O xogo volveuse pausado e tranquilo. O intenso calor mediatizaba o partido. Aparecían ocasión en ambas porterías pero con ese resultado chegábamos o tempo de lecer.

Na segunda metade as primeiras en pegar foron as visitantes cun gol de Andrea de Paz despois dunha xogada individual.

Co paso dos minutos os folgos comezaban a escasear, máis nunhas locais apenas sen rotación. As visitantes empurraban cada vez máis na busca da igualada.

E cando parecía que se chegaría con ese resultado o final, un penalti na última xogada do partido deu a oportunidade a Andrea de Paz de empatar o partido, algo que non desaproveitou.


Queda todo pendente para a vindeira semana no partido de volta en Ferrolterra no que os pequenos detalles decidirán o pase a Final, para o  que as da Costa esperan recuperar efectivos.

Versión A Fervenza.

Na outra semifinal : Grupo Work - Estradense. 2-4.

No hay comentarios:

Publicar un comentario