lunes, 30 de junio de 2014

14/15 What ?

Que necesita o Real Madrid para a 14/15 ? A visión dun servidor agora que entramos na apocalipse de fichaxes, antes de que se faga ningunha operación, despois xa chegarán os ventaxismos coma sempre.


De saída, necesitar o que se di necesitar non necesitamos moito, hai unha serie de matices a mellorar  dos que falarei, pero o plantel está bastante compensado.

O primeiro a mellorar é sen dúbida a utilización dos xogadores. Non pode ser que en certas posicións xoguen sempre os mesmos. Sobre todo Cristiano ten que aprender a dosificar esforzos durante o ano, non pode querer xogalo todo, despois pasa o que pasa. Consciente ademais que Bale é un xogador moi lesionable, as lesións rotaran por el.

Eu confío en todos e cada un dos xogadores polo tanto hai partidos para todos, e despois cando fagan falla estarán rodados e confiados de facelo ben. Rotar non é cambiar os once o mesmo día, pero si 2 ou 3 dependendo do partido e sobre todo no Bernabéu podemos permitirnos certas rotacións.

A segunda prioridade é manter  / inculcar fame sen iso non hai nada que facer.

O fichaxe prioritario é un medio e que teña xogo non un destructor, que sexa complemento-sustituto de Modric. O nome é Kroos é o único nome que vou poñer sobre a mesa, é unha debilidade, sempre me encantou como no seu día Luka e Gareth que vou decir. Outra opción sería o sustituto de Alonso cousa imposible, pero eu sigo confiando en Illarra e Casemiro cas súas diferenzas e peculiaridades necesitan minutos para logralo, aquí ou cunha cesión pero necesitan minutos.

Plantel pechado para min se non hai saídas, co cal tocaría falar dos matices :

O primeiro matiz sería algunha saída. Si sae algún xogador hai que traer un similar ou mellor a cambio así de claro. Non podemos deixar marchar pezas e non traer a nadie, un equipo tamén necesita clase media e utilizala que non se volva equivocar Florentino por favor. Peza por peza. Si sae Khedira debe vir alguén similar e así posto por posto, pero non desprenderse dun lateral por exemplo para fichar un dianteiro, correcto ! Ou si sae Morata pois un dianteiro similar, non sei como aceptaría Benzema a competencia de Falcao ou Cristiano e Bale outro chupón máis na oficina.

Segundo matiz, as renovacións e subidas de fichas. Para renovar ou pedir aumento de soldo primeiro hai que merecelo e segundo podes subir un pouco na escala salarial do Real Madrid , non saltarte chanzos. Ca Champions na man moitos pediran revisión de contrato, pero sen tolerías pódeselle subir un pouco o soldo en caso contrario que traían unha boa  oferta e porta, coñecemos ben cales poden ser  os casos.

Iso é algo que manexa bastante ben Florentino, as escalas salariais, non podemos hipotecarnos cos salarios como antigamente ou coma o actual Barça, pero como dixen anteriormente o que non podemos facer e deixar marchar dous ou tres xogadores para fichar un galáctico que moitas veces era innecesario e xogaba nunha posición ben cuberta. Hai certos cambios de cromos que non vería razoables, coma ter colección de mediapuntas iso que se nos da tan ben.

Finalmente o matiz da portería, eu persoalmente chimpaba os dous e limpaba a dichosa polémica de semana tras semana. Traía dous porteiros novos e comezaba de cero, medida traumática e arriscada pero outro ano cun ou outro porteiro nas portadas a diario pode ser insufrible.


Todo se resume en rotacións, fame, xente rodada e plantel compensado, será posible ? 6 títulos en xogo, dende o 12 de Agosto na pomada  e non se sabe cantos partidos, van facer falta todos.

Meus artículos sobre o Real Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario