miércoles, 18 de junio de 2014

Spain.

Temos tanta polémica ca selección española que un servidor tamén vai dar a súa opinión, que menos non, tanto que se fala do respeto ultimamente.


Sinceramente non critiquei a lista de Del Bosque, xa que as lesións ( Valdés, Thiago, Navas ... )  e as baixas formas a final de tempada ( nesto poderíamos incluir a moitos dos que están ) , evitáronlle moitos problemas o Marqués. Salvando a Carvajal, Llorente, Gabi e quizais Isco , pero que tampouco melloraban enormemente o que foi ,  como  premio para esta xeración que nos dou todo, pois acepto a situación.

O que si dixen dende un primeiro momento é que moitos xogadores están moi queimados e había/hai que mover moito o equipo, cambiar 3 ou 4 mínimo cada partido. Tamén dixen que non me parecía lóxico xuntar nunha alineación a Busquets, Alonso e Xavi.

Dende a premisa que estes xogadores acadaron o inimaxinable, que sempre estarán na nosa memoria e quizais serán eternos, o que non me poden dicir e que non se poden criticar. Crítica constructiva e coherente pero podemos criticalos, faltaría máis. E non é faltarlles o respeto é a esixencia do deporte profesional, nin máis nin menos.

Que pasa que non son español se digo que a segunda metade fronte a Holanda foi deplorable. Que non respeto a estes xogadores si o comento, por favor. Solo estou a dicir que o seu mellor momento xa pasou e que hai que misturar xeracións, non podemos xogar co mesmo 11 eternamente.  Gento gañou 6 Copas de Europa pero que eu sepa non sigue xogando no Real Madrid. Sei que é difícil xestionar  o cambio pero pincelada a pincelada pódese facer.

Está claro que hai moita xente esperando a Del Bosque e a Casillas, que lla teñen gardada pero eu non son un deses. Aínda que me  da  moita rabia esa campaña de amiguismo montada dende a prensa, como son amigos non podemos criticar o que se fixo mal e tildan os que o fan de non-españois, en fin.

Parece que non recordan todo o que queimaron a Clemente cando o fixo mal ou a Zubizarreta no Mundial 98. Zubi tamén merecía un respeto non( parece que daquela non existía o respeto ), era o xogador con máis internacionalidades ca selección naquel momento, pero o seu momento xa pasara e Clemente equivocouse e criticáronlle moitas cousas con razón pero eses mesmos non me poden vender agora a  moto dende o outro lado. Ou o “respeto”  mostrado con Arbeloa, para Álvaro si hai barra libre.

O que máis risa me da foi o de algún director de periódico e amigachos que lle poñen a culpa a Mou do de Casillas, incrible. Para respostar a isto vou falar dun tweet que vin o outro día e que me encantou, falaba de cómo afrontaron Felipe Reyes e Casillas os problemas con Messina e Mou. Mentras Felipe mellorou en moitas facetas do xogo, Iker segue a cometer os mesmos erros que fai 10 anos pero o problema é que as pernas van a menos.

Con Mou puido ser un problema persoal aínda que eu dixen sempre que o principio foi un toque de atención que despois pasou a ser persoal. Pero o de Carlo foi simple, Diego arrancou cun mes de vantaxe nos adestramentos e Iker non foi quen de recuperalo.

En definitiva un servidor quere que gañe España, pero dende a crítica constructiva mellórase, deixándose ir veñen os batacazos.

O que me trae a conto a soberbia dos periolistos españois, menosprezando a Van Gaal e a súa sapiencia futbolística, o seu fútbol e os seus xogadores. Mal vamos se non saben recoñecer o grande que é Van Gaal un autentico crack pero como non nos cae ben pois os periolistos o seu. Eu xa estou espectante co novo United que vai crear. Se os análises periodísticos foran en función do que ven e non de quen son amigos mellor nos iría.

Para rematar, que menosprecen agora a Chile tamén. A miña alineación está clara, e vai moito en función do rival que presiona moi arriba, deixa moitos espazos atrás e ten xogadores de baixa estatura, pero tamén de que hai xente que non está para dous partidos por semana. Iker, Azpilicueta, Martínez, Ramos, Alba, Busquets, Koke, Alonso, Pedro, Costa, Iniesta. Silva foi dos que máis me gustou fronte a Holanda e non descartaría o falso 9 de Cesc, pero Costa e Pedro son velocidade o espazo e vamos necesitala. Pero si entran Cazorla, Cesc ou calquer outro  tampouco me importaría o que ten é que mover a xente. E a ver se non menosprezamos tamén a Chile.


A ver si o Marqués  me fai caso e Vamos España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario