lunes, 9 de junio de 2014

Copa Provincial. 5 Coruña - Fisober B. 3-4.

COPA PROVINCIAL

RESULTADO : BEART 5 CORUÑA – FISOBER “B” F.S.F. : 3-4.

5 CORUÑA : Gema, Melania, Sofía, María e Leny ; tamén xogaron : Raquel, Elena, Aldara e Gloria.

FISOBER B : Paula, Patri, Ana, Tamara e Laura ; tamén xogaron : Inés, Andrea e Noelia.


ÁRBITRO : Vicky Mosquera , CRONO : Inmaculada  Silva.

GOLES : 0-1 Ana, 0-2 Ana (descanso ) , 1-2 Melania , 2-2 Leny, 2-3 Patri, 2-4 Inés, 3-4 Leny.

Partido correspondente os cuartos de final da Copa Provincial disputado o sábado en A Coruña.

Como se desprendeu do partido de ida os pequenos detalles definirían a eliminatoria i eses caeron a favor das da Costa, nuns cuartos de final emocionantísimos e igualadísimos  no que calquera dos dous equipos puido pasar a semifinais.

As locais arrancaron moi fortes e as visitantes moi nerviosas, cun  5 Coruña pretendía saír en perigosas contras.  Ata en tres moi claras ocasións puideron adiantarse as coruñesas. Na primeira definiron mal, na segunda enviaron o trabe e na terceira sacou Inés baixo paus.

Co paso dos minutos  foron atopándose algo máis cómodas as visitantes. E  nos últimos minutos da primeira metade todo trocou. A minuto e medio para a súa finalización Ana aproveitou un lanzamento de falta para poñer en vantaxe as visitantes.

E nos últimos segundos, unha falta local que supuxo a sexta e conseguinte lanzamento de dobre penalti, de novo Ana aproveitou a oportunidade para facer o cero a dous xa co crono a cero.

Volvíase do tempo de lecer  con vantaxe visitante, pero as locais non estaban dispostas a rendirse. Os dous minutos Melania facía o primeiro gol local para manter a eliminatoria viva.

O partido abriuse máis e aparecían ocasións en ambos lados. Pero ningún dos equipos era quen de marcar. 

Ata que a dez minutos para o fin Leny igualaba o partido e deixaba as locais a un gol de igualar a eliminatoria.Emoción e tensión na pista.

Cando entrábamos nos últimos  cinco minutos as locais decidíronse polo ataque de 5 para igualar a eliminatoria, pero dúas perdidas foron aproveitadas por Patri e por Inés para facer o terceiro e cuarto gol visitante que decidían a eliminatoria a prol das da Costa.

Nos últimos segundos Leny facía o tres a catro definitivo despois dun claro penalti de Ana.


Agora nas semifinais as da Costa enfrontaranse A Fervenza B, no que parece difícil que poida recuperar as lesionadas Anabel, Natalia, Alejandra e Paula Fandiño.

Visión 5 Coruña.


Nas outras eliminatorias :

Estradense - Espartanas. 7-2, pasa Estradense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario