viernes, 25 de octubre de 2013

Previa e selección !

Comezamos pola boa nova da convocatoria para os adestramentos ca selección galega das xogadoras do Fisober F.S.F.   Eva Lema Leis , que o fará ca sub-21  e Inés Suárez Mouzo  que o fará ca sub-17.

Inés a primeira dende a esquerda i Eva a cuarta.
Están convocadas para o próximo martes día 29 no Pavillón de Pontepedriña en Santiago de Compostela.

 A porteira Eva Lema Leis  natural de Merexo ( Muxía ) e nada no ano 94  adestrará  ca selección sub-21 galega.

Eva no centro.
Podes consultar aquí as convocatorias.

Pola súa banda Inés Suárez Mouzo natural de Camelle e nada no ano 97 adestrará  ca selección sub 17 galega.
Inés a esquerda

Na xornada deste fin de semana tanto o Fisober como o seu filial o Fisober B xogan a domicilio.

Na Segunda División Nacional o Fisober desprázase a Tudela ( Navarra ) para xogar o sábado as 16 horas  fronte o Ribera Navarra. O Ribera Navarra é o novato da categoría e preséntase cuns números similares o Fisober, unha vitoria na casa e unha derrota a domicilio fronte a un dos galos da categoría.

As da Costa gañaron A Fervenza e as navarras o Flavióbriga, as da Costa caeron en Ordizia e as navarras fronte o Bilbo. Os dous equipos descansaron unha xornada, as navarras como obriga o calendario e o Fisober por mor do aprazamento do partido da semana pasada debido as baixas no 4 Arcos Logroño. Esperemos a ver como lles sentou o parón.

Clasificación en Segunda División.

Pola súa banda o filial xoga as 16:30 do sábado en A Baña, contra un equipo de recente creación e no que milita a ex do Fisober B , María Maroñas. Na pretempada estes dous equipos enfrontáronse en Vimianzo cun resultado de 7 a 1 para as da Costa.

A bo seguro desta vez terano moito máis difícil as do filial do Fisober, xa que as locais están a mellorar e terán un partido compricado.

Así está a clasificación na Provincial.

A previa de Segunda División.

A previa do Bilbo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario