viernes, 4 de octubre de 2013

Previa da xornada 1 !



Arranca una nova Liga para os equipos do Fisober FSF

Esta semana os equipos do Fisober finalizaron a pretempada con un bo sabor de boca. Tras disputar varios amistosos o largo do mes de setembro as sensacións foron moi positivas, tanto para o primeiro equipo como para o filial.



O equipo de 2ª División recibirá o Comarcal A Fervenza, no que será o único derbi deste ano para os equipos galegos, o equipo de ferrolterra xa conseguiu derrotar as vimiancesas no derradeiro partido da tempada pasada por 1-3 en Vimianzo, polo que será un partido moi disputado. Aínda que en Ferrol a vitoria fora para as da Costa por 2 a 4.

As da Costa non poderán contar para este partido con Paula Lema nin Elsa Souto, ambas por lesión. Debutará  na categoría Raquel. 

Fran Toba: Será un partido moi disputado contra un plantel moi xoven pero con experiencia na categoría, as de Pili son un equipo moi ordenado e difícil de superar e donde teremos que estar moi atentas será nas xogadas de estratexia, xa que son una das mellores armas do equipo rival.

Liga 2ª División: Fisober FSF vs Comarcal A Fervenza
Hora: 18:00 h
Lugar: Pavillón de Vimianzo

O Fisober B empezara a Liga contra o CD Estradense, un equipo novona categoría, pero con xogadoras procedentes do Leis Pontevedra de 2ª División.


As rapazas de Jemisa e Mauro cun equipo aínda máis xoven que en tempadas anteriores,  terán que facer un partido moi serio ante un rival que loitará polos primeiros postos. Debutarán na categoría as cadetes Andrea e Alejandra asi como a infantil María Lijó, ademais debutará ca camisola do Fisober B en partido oficial Anabel.

Hora: 16:00 h
Lugar: Pavillón de Vimianzo

Nota de prensa do Fisober.















No hay comentarios:

Publicar un comentario