viernes, 4 de octubre de 2013

Desilusionado !

Non sei o resto do madridismo pero un servidor cada partido que lle ve o Real Madrid vai máis desilusionado para a casa. Non xogamos a nada , non mostramos nada e o que máis me indigna, temos un cero en intensidade e gañas ou esa impresión ten un servidor.


Igual empezo a estar un pouco mediatizado e ata son repetitivo, pero queda claro que o que aquí escribe non sigue as liñas editoriais dos grandes xornais, nin das grandes televisións. Un servidor non necesita  vender  productos do clube para ter máis tirada , nin teño problemas persoais con Florentino, nin con ningún xogador, non estou en guerra co clube. Escribe o que ve dende este anaquiño de terra do Norte como diría algún  onde tanto madridista hai, que tanto sufrimos polo noso clube.

Cando  empezou a desilusión ? Está claro o día que fichamos a Bale. Parece mentira verdade, aquí que sempre estivemos toliños por el. A razón, ese día Mesut  foi sentenciado. Xa o dixen no verán  no Postureo ou Prioridades , que non debíamos caer nos erros do pasado, pero nada a vaca sempre quere ir o millo, non hai maneira. Aceptaba que a chegada de Bale se cargase a Coentrao, Di María e quizais o Pipa, pero a Mesut. Por favor en que estaban pensando. Nadie ten o seu fútbol no Real Madrid,  e en Europa sacando os do Barça e algún outro tampouco. En fin supérame o tema.

Era unha saída que nunca , nunca me plantexaba, non tiña medo por el. Como dicía un bo amigo ,” hai que traer a Bale a min non me van pedir os cartos e é un crack”. Agora xa cambiou o discurso por : “si chego a saber que nos  ia costar a Özil e igual ata a  Xabi Alonso non o quero”.

O tema Xabi Alonso é o que aumenta a miña desilusión, pero de que vamos. Cada día sona máis forte a súa saída en Xaneiro. E si o rio sona xa sabemos como termina o refrán. Como temos a Illarra, Modric, Khedira e Casemiro, como Xabi remata contrato, pois ala vendémolo e xa está.

A ver señoriños que  Xabi é o segundo xogador máis importante do Real Madrid despois de Cristiano e vamos vendelo. O que tíñamos é que mimalo, tratalo como un rei como fixemos con CR. Como debíamos ter feito con Zidane. E creo que facemos todo o contrario. Creo que está máis que demostrada a profesionalidade e o nivel de Xabi Alonso, sen dúbida debería estar renovado.

Claro ten 32 anos, remata contrato, hai que vendelo e sacarlle algo. Indignación absoluta ante estas palabras é outro medio como no caso de Mesut aínda que en posicións moi diferentes  que non ten igual no mundo. E este o contrario do alemán podería ensinarlle e moito os outros medios que temos, facelos crecer. Os cales  a súa vez darlle descanso para que chegue como unha moto os grandes partidos. Pero non vendelo e xa está, non dou crédito. Dirán non quere renovar e é mellor vendelo. Pois fagan por renovalo, como fixeron con Cristiano.

De feito se Xabi Alonso sale en Xaneiro un servidor deixará de ir ver a posta o Real Madrid, si me coincide vereino, pero non baixarei o bar a velo si estou na casa, van frescos.

Que tanto dano nos fixo o gran arranque de Isco, co malagueño ben para que queremos a Mesut deberon pensar, non hai sitio para todos e alá foi. Ca de partidos e picos de forma que hai si que hai sitio para todos, rotacións !!!

Señor Carleto, comenzou  ca idea de xogar o toque, e agora xa non ten nin idea do que xogar. Está claro que Cristiano o igual que Messi no Barça mediatiza a maneira de xogar do equipo, normal. E o toque non lle axuda pero hai que ter variantes e diversidade. Hai que tentar explicalas, practicalas e tentar impoñelas. Non era iso o que tanto criticábamos a Mou, aplíquense o conto.

Pero por encima de todo hai que ter intensidade, carácter  e actitude e iso a día de hoxe non o ten o Real Madrid, sen iso gáñanse partidos porque eres moi superior, pero non se vai a gañar ningún título, nin os grandes partidos  e si a comenzo de Outubro teño esa impresión mal vou, ollo a sombra de Mou do pouco traballadores que son os xogadores. Onde vai a presión a saída do balón dende o primeiro minuto. Recuamos e xa está.

Iso ven marcado xa dende un dianteiro o cal o traballo non vai con el como é Karim do cal non discuto a súa calidade e o ben que se asocia, o francés é máis segunda punta que dianteiro centro. Pero si el non traballa, Cristiano tampouco traballa alá vai fora  unha liña. Presionando arriba tes moitas máis posibilidades de recuperar antes, non digo que se faga todo o partido pero si durante moitas etapas del, pero nunca ou case nunca, pensan gañar algún gran partido así


Vou rematar que xa escribín máis do previsto, o debate de Benzema, a importancia de Marcelo no lateral aínda que estea gordo ou que para min a día de hoxe  Diego e Iker son máis parecidos como porteiros do que o resto da xente opina eso si Iker ten "halo "  queda para outro día, pero a desilusión que teño co Real Madrid non me cabe no corpo e non sou capaz de explicala en palabras. Sempre sou algo pesimista e alarmista, pero isto non hai por onde collelo. E como dixen cando Mou se foi, agora as míradas apuntan o palco e o campo.

Todos os artículos dun servidor sobre o Real Madrid, esta é a miña liña editorial , o madridismo .

No hay comentarios:

Publicar un comentario