lunes, 7 de octubre de 2013

Fisober - A Fervenza. 3-2.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – A FERVENZA. 3-2.

FISOBER : Eva, Patri, Ana, Noelia e Raquel ; tamén xogaron : Nuria, Barca, Inés e Myrella.


A FERVENZA : Nerea, Belén, Laura Doce, Irene e Andrea ; tamén xogaron : Alba, Claudia, Antía e Laura Miraz.

ÁRBITROS : Luís Vázquez e Álvaro Cid ; CRONO : Laura de la Iglesia.

GOLES : 1-0 Patri , 1-1 Belén , 2-1 Raquel, 3-1 Raquel ( descanso ) , 3-2 Laura Doce.

Principiaba  a Liga na Segunda División Nacional do fútbol sala feminino na tarde do sábado en Vimianzo e o Fisober que non fixo un bo partido, levouse o derbi galego de forma merecida   acadando  a vitoria , e con elo  algo  que foi o seu gran pesadelo  a tempada pasada vencer como locais e darlle alegrías os seus siareiros.

O partido subía o telón con dous equipos algo nerviosos ante a posta de largo da tempada. Pero pouco a pouco o Fisober foi tomando o mando ante un A Fervenza que optaba por esperar a media pista.

Neses primeiros minutos era a local Noelia a que tiña un par de oportunidades para marcar o primeiro gol da Liga.

Pero tivo que ser Patri a que os seis minutos o fixera e puxera en vantaxe o Fisober despois dunha combinación rápida e a súa definición.

Pouco tardou A Fervenza en dar a réplica tendo Eva que lucirse para frear a ocasión de Irene. O partido abriuse un pouco e Barca dispuña dunha ocasión para aumentar vantaxe.

Os once minutos a visitante Belén aproveitaba un erro local para poñer a igualada no tanteador. E pouco despois baixo un minuto tonto local , foi Laura Doce a que case lle da a volta o marcador.

O partido volveu  o xogo dos primeiros minutos , ca imprecisión e  os nervios das xogadoras  típico do inicio de campaña.

Pero cando encarábamos os dous últimos minutos desta primeira metade a debutante na categoría e co Fisober en partido oficial Raquel acadaba de lanzamento cruzado o segundo gol para as da Costa.
E case sen respirar a mesma Raquel loitaba ata o final un balón que parecía que se ia por banda e plantábase ante a porteira para facer o terceiro gol local co que se chegou o tempo de lecer.

O tempo de lecer non lle sentou moi ben as locais que vían como Laura Doce tiña unha ocasión de saída a cal respostou Nuria.

Unha Laura Doce que os catro minutos desta metade aproveitaba un balón longo da súa porteira para poñer o 3 a 2 no electrónico.

Con este gol cambiou o partido e  o Fisober espertou , Patri tivo dúas moi boas ocasións. E ata unha terceira despois dunha combinación con Myrella.

A falta de once para o fin sucedeu a xogada polémica do partido, as visitantes reclamaron un   posible penalti   que os árbitros decidiron que fora falta pero  fora do área.

Nos últimos minutos as visitantes decidiron arriscar máis e houbo ocasións para ambos lados pero as máis claras eran a contra para unhas locais que se defendían sen problemas. Sendo as máis claras para Patri ou Barca aínda que o gol da tranquilidade local non quixo chegar.

No último minuto apenas pasaron problemas as da Costa levándose así a primeira vitoria da tempada .


Xogadoras do filial apoiando o primeiro equipo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario