lunes, 14 de octubre de 2013

Mabegondo - Fisober B. 2-4.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : MABEGONDO – FISOBER “B”  F.S.F. : 2-4.

MABEGONDO : Melissa, Ana, Bibi, María e Vanessa ; tamén xogaron : Rocío e Begoña.

FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Natalia e Laura ; tamén xogaron : Noe, Alejandra, Tamara, María Lijó e Martina.


ÁRBITRO : Eduardo Castro ; CRONO : Fernando Barros.

GOLES : 0-1 Noe, 0-2 Noe, 0-3 Natalia , 1-3 Vanessa ( descanso ) , 2-3 Rocío , 2-4 Andrea.

Primeira vitoria da tempada para o  filial do Fisober  nun partido que arrancou moi ben cun cero a tres pero que se chegou a complicar na segunda metade.

O filial costeiro arrancou o partido e dous goles de Noe, que debutaba en partido oficial esta tempada xa que non puidera xogar a primeira xornada  por enfermidade, déronlle unha vantaxe e unha tranquilidade as xóvenes xogadoras costeiras.
Noe anotou 2 goles.

Un terceiro gol obra de Natalia, puña unha vantaxe considerable a prol do filial do Fisober e refrendaba a boa primeira metade visitante.
O gol de Natalia.

As locais non se rendían e íanse o tempo de lecer co seu gol e co un a tres que lles daba esperanzas.

A volta de vestiarios un novo gol local, poñía o nerviosismo no filial do Fisober. Un nerviosismo que non marchou ata que Andrea fixo  o cuarto gol , un gol que supuxo a súa estrea goleadora na categoría.
Andrea estrenouse na categoría.

Ese gol si que deu unha tranquilidade ca se chegou o final do partido.


Destacar a volta da porteira  Martina a unha convocatoria.

Fotografías Familia Fandiño Trillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario