lunes, 7 de octubre de 2013

Fisober B - Estradense. 0-3.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B – ESTRADENSE . 0-3

FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Alejandra e Laura ; tamén xogaron : Tamara, María Lijó e Natalia.


ESTRADENSE : Laura, Vanesa, Eva, Magali e Luz Bugallo ; tamén xogaron : Cristina, Olaya, María, Sandra, Raquel e Vanesa Vilar.

ÁRBITRO : Vicky Mosquera   ; Crono : Inma Silva.

GOLES : 0-1 Cristina  ( descanso ) , 0-2 Vanesa Vilar  , 0-3 Eva.

Este sábado en Vimianzo daba comenzo a Liga Provincial e un Fisober B moi remozado enfrontábase a un debutante na categoría como o Estradense pero con xogadoras que veñen de categorías superiores como Luz Bugallo e Magali procedentes do Leis Pontevedra ou Vanesa.
A infantil María Lijó.

O filial do Fisober no que debutaban na categoría Provincial  a infantil María Lijo e as cadetes Andrea e Alejandra, todas elas xunto coa porteira Anabel  tamén debutaban en partido oficial coa camisola negra. O equipo a pesares da xuventude prantou cara en todo momento e estivo no partido ata uns últimos minutos nos que pagou o esforzo.

O partido arrancaba co dominio visitante e un filial que traballaba arreo para manter a súa portería a cero e tentar saír a contra. As máis xóvenes do equipo costeiro cando podían combinaban e chegaban de vez en cando con perigo  a portería defendida por  Laura.

Luz Bugallo, Magali e Vanesa levaban o peso do equipo visitante e do partido, pero non eran quen de superar  nin a Anabel , nin o traballo defensivo das súas compañeiras, que  cada vez  creaban máis  perigo a contra.

Ata que a cinco para o fin da primeira metade Cristina pescou un balón para poñer en vantaxe as visitantes. Con ese resultado  chegouse  o tempo de lecer.

Na segunda metade o guión foi o mesmo, ocasións visitantes e contras locais, aínda que as  locais parecían  combinar algo  máis e chegar algo máis a portería rival que na primeira metade. Iso si as mellores ocasións eran  visitantes . Co paso dos minutos o esforzo e os nervios do debut foron pesando nas pernas das xóvenes xogadoras da Costa. Non daban atopado o premio o seu gran traballo aínda que o partido se parecía igualar.

Ata que a catro minutos para o fin Vanesa Vilar poñía o segundo e finiquitaba o partido. Solo un minuto despois a  tres para o fin era Eva a que puña o cero a tres definitivo no electrónico. As locais loitaron ata o fin pero o resultado non se moveu.


Moi bo partido do xoven  filial do Fisober  que deixou unha grata impresión no debut nesta campaña e no que se incluiron xogadoras do equipo infantil que competirá en Liga Galega, que botaran unha man o segundo equipo do Fisober cando faga falta e irán gañando minutos e experiencia. 

Fotografías propias e Familia Fandiño Trillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario