lunes, 14 de octubre de 2013

Ordizia - Fisober. 6-1.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO :  ORDIZIA K.E.  – FISOBER F.S.F.   6-1.

ORDIZIA :  Maddi, Maite, Itsaso, Ainara, Olatz ; tamén xogaron : Amaia, Sarah, Lety, Irati e Ane.

FISOBER : Eva, Patri, Ana, Myrella e Raquel ; tamén xogaron : Nuria, Elsa, Barca, Noelia , Olalla e Inés.


ÁRBITROS : Sergio Esparís e Igor García ; CRONO : Daniel Dos Anjos.

GOLES :  1-0 Sarah , 2-0 Ainara, 3-0 Olatz , ( descanso ) , 3-1 Ana , 4-1 Olatz, 5-1 Itsaso, 6-1 Lety.

Tocáballe o Fisober visitar a un dos galos da categoría o sábado e o resultado amosouno, aguantaron as da Costa ata os últimos minutos da primeira metade pero dous goles postreiros sacáronas dos partido.

Comenzou ben o Fisober xa que unha falta executada por Patri creaba moito perigo e tivo que ser enviada a saque de esquina entre a porteira Maddi e o trabe.

As locais dominaban o partido e as visitantes ben posicionadas tentaban saír a contra, como así o fixo con perigo Raquel os catro minutos. Pero a pesares de defenderse con comodidade as vascas pechaban cada vez máis as da Costa.

Ordizia  comenzaba a ter ocasións, os cinco minutos foi Sarah a que puña en apuros o Fisober. Pero os minutos pasaban e seguía sen moverse o electrónico.

Mediada a primeira metade aparecían as máis claras ocasións locais. Irati en xogada ensaiada e pouco despois freada por Eva non era quen de poñer en vantaxe as locais.

Ata que os doce minutos foi Sarah a que aproveito un erro defensivo visitante para inaugurar o tanteador.

Despois do gol, volveron a collerlle a cara o partido as visitantes. Ben colocadas en defensa e buscando a contra. E de esa maneira  a tres para o fin a costeira Inés prantábase sola  ante Maddi pero non era quen de batila, no que puido ser o gol da igualada e quizais cambiar o rumbo do partido.

Contra un equipo coma o Ordizia os erros páganse xa que elas non perdoan  e a dous para o fin Ainara non fallaba para poñer o segundo gol local. Este gol descentrou as visitantes, que non pareceron volver a collerlle o pulso o partido.

Así a catorce segundos para chegar o tempo de lecer era Olatz a que facía o terceiro local e puña unha vantaxe definitiva.

Pareceu saír  forte o Fisober dos vestiarios e os dous minutos Ana facía o tres a un que lle daba algo de ilusión as da Costa.

Pouco durou a ledicia xa que a falla de quince para o fin de novo Olatz poñía tres goles de diferenza e nese mesmo minuto Itsaso facía o quinto gol local.

Co seis a un a doce para o fin obra de Lety, un golazo por certo, o partido quedaba xa finiquitado.

O resto do partido deu ocasións para os dous equipos que non foron quen de materializar, ademais os últimos catro minutos tanto locais como visitantes viviron co perigo do dobre penalti.


En definitiva bo arranque de partido  dun  Fisober que se diluiu despois do segundo gol local.


Visión Diario Vasco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario