jueves, 7 de noviembre de 2013

Equilibrio.

A palabra da semana do Real Madrid é EQUILIBRIO , pois por unha vez estou de acordo. O problema do Real Madrid é o equilibrio, sigo desilusionado ca marcha de  Özil pero xa nada se pode facer, así que vamos falar de equilibrio.


A culpa leva ou a defensa ou o mediocampo, pero o problema comeza arriba. Parece que Carleto atopou a súa tripleta de ataque, Benzema, Bale, Cristiano, gracias a deus xa temos algo, pero neles debe arrancar a defensa do Real Madrid tamén. Non pode dicirlles que non se preocupen de defender, o fútbol moderno necesita 11 xogadores o 100% en ataque e defensa  nos  partidos , relax o mínimo que calquera che pinta a cara. O bo e o malo do Real Madrid estas semanas comeza e finaliza neles principalmente aínda que non o pareza. Unha peza mal colocada e todo se tambalea.

Non digo que corran coma tolos detrás dos xogadores, pero deben posicionarse ben e  axudar en defensa .A  forma máis fácil está clara, ter o balón , cando non o tes  xuntar liñas, ou apretamos máis arriba ou recuamos, obviamente a mellor opción para un equipo como o Real Madrid  apretar máis arriba pero eles saberán. Igual non todo o partido pero si en moitos momentos.

Es caso contrario pois pasará o de sempre o equipo rómpese e viviremos na montaña rusa habitual, uns que atacan, uns que defenden e moitas veces xogadores perdidos  que nin atacan nin defenden. O equilibrio para min é así de simple.

Co 4-2-3-1 ou co 4-3-3 , como mellor lle veña o partido e cos peóns que decida o adestrador, pero xuntos en defensa, ocupando as posicións que deben. As características e forma  dos teus xogadores marcaran iso.

Despois podemos culpar os medios, os centrais , os laterais, o porteiro pero todo ven provocado pola falta de equilibrio e as liñas separadas e sen axudas. Non todo se arranxa con Xabi  Alonso, xogador fundamental obvio pero este ano non podemos queixarnos dos medios que temos, pena de Mesut.

Agora a culpa está a ser da defensa din,  creo que ningún dos defensas do Real Madrid está no seu mellor momento. Uns mellor ca outros, pero un servidor confía en todos e cada un dos defensas do Real Madrid, especialmente en Varane a pesar dos erros fronte a Juve, por certo na primeira metade cansouse de taparlle as vergonzas a Ramos,  sigo pensando que é o mellor defensa que temos aínda que lonxe do seu nivel óptimo. A defensa  debe  axudarlle o resto do equipo, atácase e deféndese en bloque. Por iso recibimos tantas ocasións en contra porque nos partimos e descolocámonos.

Para rematar unha de  nomes:

A  min particularmente non me gusta Ramos de lateral, non porque non sexa válido para xogar aí, Ramos pode xogar do que queira,  senón porque se toma o posto a pitorreo. Vai de Cafú,  tenta cousas imposibles, xoga sen tensión competitiva demasiado pasota de lateral. O seu posto ca Juve e co Barça deixame a sensación de que Carleto ten medo de sentar a el, a Pepe ou incluso a Varane, as razóns descoñézoas !

O papel agora de Isco, Di María e Morata, de sensación a amargados, esquencidos, a tempada é moi longa  e deben ter momentos todos para un partidario das rotacións coma un servidor sen dúbida , máis aínda  no Bernabéu, onde non debe de xogar con trivote Carleto, como xuntar a algún destes ca tripleta de ataque da para outro artigo. Parte do traballo do italiano vai ser ter contenta a esta xente que é a que da títulos, os suplentes dan ou quitan títulos que o teña claro.

Para rematar o debate da portería, se non lle facemos caso a prensa pro e anti que ten cada un,  a día de hoxe  un servidor sigue  pensando que Iker e Diego non son tan diferentes, ningún dos dous son moi bos por alto, a altura axuda a Diego pero pouco máis,  e nas saídas solen medir mal, viven debaixo da trabe, sobre todo Diego, non moi bos cos pes , e teñen virtudes similares , porteiros de grandes reflexos.

A gran diferenza reside en que Iker ten anxo sempre o tivo. Iker chegou un mes tarde e pagouno así de claro e a Carleto isto provocoulle ou provocouse  un marrón , claro tamén.

P.d. O equipo está lonxe de poder optar a Décima se nos colle un equipo algo que tal, púlenos  e a Liga seis puntos é unha vantaxe considerable, a esperanza que o Barça non anda moi ben e o Atleti todo mundo confía en que afloxe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario