viernes, 18 de octubre de 2013

Previa da xornada, San Lucas today !

Os equipos do Fisober xogan como locais nesta xornada, o primeiro equipo fronte o Cuatro Arcos Logroño e o filial terá derbi fronte o Villa de Cee.



O Fisober da Segunda División Nacional que ven de perder na anterior xornada fronte a un dos favoritos da categoría o Ordizia, buscará o sábado a partires das 18:15 horas no Pavillón de Vimianzo acadar un bo resultado. Pola súa banda  o Cuatro Arcos caia por 0 a 10 contra o gran favorito o Bilbo na anterior xornada. Así está a clasificación.

No partido disputado en Vimianzo o ano pasado correspondente a segunda volta  as rioxanas obtiveron unha ampla vitoria, no peor partido en moito tempo das da Costa, fora 1 a 7 a favor das visitantes. Na primeira volta en Logroño foran as do Fisober as que gañaran por 0 a 3.

Na Liga Provincial o filial do Fisober terá derbi fronte o Villa de Cee a partires das 16 horas no Pavillón de Vimianzo. Dous equipos que se enfrontarán por primeira vez en partido oficial.

O filial do Fisober ven de obter a súa primeira vitoria da tempada en Mabegondo e as de Cee caeron fronte o A Fervenza B. Así está a clasificación.

Nesta pretempada enfrontáronse dúas veces cunha vitoria para cada equipo, o que presaxia un partido igualado. No torneo de presentación do Villa de Cee a vitoria foi para as locais por 1 a 0 , mentrás que no Torneo de San Sadurniño fora o filial o que se levara a vitoria por 2 a 1.



Recordar que será unha xornada solidaria en moitos pavillóns de todas as  categorías, con motivo do Día contra o Cancro de Mama.

Outras previas :

Previa de Segunda División.

Previa do Bilbo.

Previa de A Fervenza.

Previa de Primeira División.

No hay comentarios:

Publicar un comentario