COPA XUNTA
RESULTADO :
FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – FUNERARIA APÓSTOL. 4-2.
FISOBER : Eva, Patri, Inés, Ana e Raquel ; tamén
xogaron : Elsa, Olalla, Noelia, Barca, Myrella e Anabel.
F. APÓSTOL : Alba,
Laura, Antía, Montse e Irene ; tamén xogaron : Cova, Lidia, Paula e Alba Gil.
ÁRBITROS : Emilio
Losada e ; CRONO : Yajo Pájaro.
GOLES : 1-0 Noelia, 2-0 Noelia, ( descanso ) ,
2-1 Irene , 2-2 Irene , 3-2 Ana, 4-2 Patri.
Este sábado en
Vimianzo disputábase o último partido para o Fisober desta edición da Copa
Xunta e aínda que ambos equipos xa estaban eliminados as da Costa acadaron a
súa primeira vitoria na súa historia nesta competición ante o actual campión da categoría
Autonómica, despois das derrotas fronte o V. Amarelle e o C. de As Burgas. Pero todo quedou deslucido pola lesión de xeonllo de Elsa que está
a espera de diagnóstico definitivo.
O partido en si
foi típico de pretempada con ocasións para ambos equipos e con alternativas como
gusta os siareiros e non tanto os adestradores.
O Fisober tentaba facer o seu xogo habitual potenciando
as probas que se fan nos adestramentos. Con ocasións e levando o peso do
partido nestes primeiros minutos. As visitantes baseaban o seu xogo en ataque
en Irene e en defensa en Montse.
Os dez minutos
foi Noelia quen nunha contra adiantaba as locais. Solo un minuto despois era de
novo Noelia a que aproveitaba outra contra para poñer o dous a cero. Con este
resultado pareceu relaxarse un pouco o equipo local e cedeu protagonismo o
Fune. Que incluso dispuxo dun libre indirecto que non aproveitou.
Os últimos
momentos da primeira metade saíron con ataque de cinco as visitantes pero non
lograron reducir distanzas.
Na segunda metade
un par de erros locais o igual ca no amigable da semana pasada fronte o Marcón,
permitiron igualar o partido as visitantes. Irene no minuto 23 e no 24 facía
dous goles e botaba por terra o traballo local da primeira metade.
O partido colleu
máis ritmo a partires deste momento. As ocasións sucederonse aínda que principalmente
a favor do Fisober. Ata que no minuto 27 unha combinación permitía a capitana
local Ana poñer as súas en vantaxe co 3 a 2.
As visitantes
tomaban cada vez máis riscos na busca da igualada o que permitía o Fisober ter
ocasións a contra. Así Noelía estivo a piques de facer a tripla pero o seu
lanzamento foise o pau.
Cando faltaban
cinco para o fin as locais dispuxeron dun libre indirecto o seu favor que non
aproveitaron e o pero e que no rexeite desa xogada se produxo a lesión de
xeonllo de Elsa.
Dende ese momento
o partido xa tomou outra perspectiva, con ocasións finais para os dous equipos.
As visitantes
decidíronse polo ataque de cinco para os últimos dous minutos o que aproveitou
Patri para certificar o partido co 4 a 2 nos derradeiros segundos.
Fotos propia e Familia Fandiño Trillo.
Fotos propia e Familia Fandiño Trillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario